En marcha unha nova edición de ‘Responsabilízate’, que impulsa a sostibilidade e competitividade das pemes

A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa “Responsabilízate”, unha iniciativa que ofrece asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes a incorporar criterios sustentables na súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza, así como no desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

A actuación inclúe o acompañamento na aplicación de medidas que fomenten a igualdade de oportunidades. O programa diríxese ao tecido empresarial galego, a través de pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros.

“Con esta iniciativa búscase que as empresas sexan máis competitivas, facilitando a súa adaptación ás esixencias dos grandes clientes, do mercado de consumo e das novas obrigas sociais e administrativas”, explican. Para iso, o programa incorpora un diagnóstico individualizado, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de asesores expertos, e de desenvolvemento dunha folla de ruta para cuxa implementación contará co apoio dun equipo de consultores.

As inscricións ao programa poderán realizarse a través da sede electrónica da Xunta. O prazo estará aberto até completar o número de prazas máximo. Os interesados poden consultar a información a través da oficina técnica do programa no enderezo responsabilizate.emprego.igualdade@xunta.gal.

Fonte: El Correo Gallego