Empresas tecnolóxicas galegas viaxan a India, China e México

A Dirección Xeral de I+D+i da Xunta, co apoio do IGAPE e en colaboración con INEO, organizará nas próximas semanas tres misións de transferencia de coñecemento e tecnoloxía en India, China e México.

n
n

 

n

As misións están incluídas no Plan de Internacionalización para Empresas Innovadoras e de Base Tecnolóxica da Xunta de Galicia, informou INEO, colectivo empresarial que integra a máis de 80 empresas nas áreas de actividade de Hardware, Software, Redes e Telecomunicacións, Internet ou consultoría.

n

 

n

O primeiro destino é a India, xa que do 12 ao 17 de setembro, empresas TIC e de biotecnoloxía viaxarán a Gurgaon, Noida e Nova Deli para impulsar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía con universidades, centros de investigación e tecnolóxicos deste país. Tamén haberá outra misión a China , dirixida igualmente aos sectores TIC e biotecnolóxico e que se desenvolverá entre o 25 de setembro e o 1 de outubro en Pequín e Xangai. A misión a México, centrada nos sectores TIC e de enerxías renovables e alternativas, terá lugar entre o 8 e o 15 de outubro. Está prevista a visita a Cidade de México, Querétaro e Celaya, localidades onde se concentran importantes organismos e institucións vinculados á cooperación tecnolóxica internacional.

n

 

n

O obxectivo común a estas tres misións é promover o contacto e intercambio de experiencias e oportunidades de colaboración entre empresas galegas e centros de investigación, de desenvolvemento tecnolóxico e universidades, para impulsar a expansión internacional dos sectores TIC, biotecnolóxico e de enerxías renovables e alternativas nestes países de Asia e América. O IGAPE subvencionará entre o 50% e o 60% da base impoñible do custo por participante.

n

 

n

(Fonte: La Voz de Galicia)

n

 

n