Empresas galegas que innovan na contorna rural comparten a súa experiencia nun “parladoiro” en Santiago

O concepto tradicional de “parladoiro”, entendido como unha reunión de dúas ou máis persoas para conversar, servirá a un grupo de empresas galegas que innovan na contorna rural para divulgar e compartir as súas experiencias. O evento terá lugar a principios de setembro en Santiago de Compostela.

n
n

nTrátase dunha xornada na que unha serie de emprendedores do rural compartirán as súas iniciativas de éxito ou as súas vivencias persoais cun público heteroxéneo, interesado en coñecer de primeira man proxectos innovadores ou experiencias de superación que apostan pola sustentabilidade do rural galego e a xeración de riqueza nesa contorna.
n
nA primeira destas citas será o próximo 3 de setembro a partir das 17:00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela. As entradas están á venda a través do Servizo de Venda de Entradas de NCG BANCO e no despacho de billetes do propio Teatro Principal a partir do día 26 de agosto (de 17:30 a 20:30 horas). O seu prezo é de 15 euros e o total do recadado destinarase a proxectos de formación no ámbito rural.
n
nEstes “parladoiros” forman parte de Mercado de la Cosecha, unha iniciativa promovida por varias empresas galegas que comparten obxectivos de responsabilidade social coa súa contorna máis próxima. Corporación Hijos de Rivera, Gadis e R apostaron por esta plataforma para a potenciación das novas ideas no rural galego.
n
n(Fonte: Mercado de la Cosecha)
n

n