Empresas e particulares sofren un centenar de ciberataques ao día

O último informe do Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe) desvela que en en 2022 os ataques dos hackers medraron un 9% respecto ao ano anterior. No ámbito de cidadáns e empresas, cómpre destacar que 1 de cada 3 son unha filtración de datos (sensibles, protexidos ou confidenciais que son roubados por unha persoa non autorizada) e 2 de cada 5 son vulnerabilidades de sistemas tecnolóxicos (debilidade dun sistema que pode pór en risco a súa seguridade).

En canto ás consultas e problemas máis frecuentes que recibe o teléfono de información do Incibe (o 017), cabe destacar que, a nivel nacional, 1 de cada 4 están relacionadas con phishing nos dispositivos; un 10% da cidadanía necesitou asesoramento sobre a seguridade das súas compras en Internet; 5.098 persoas consultaron ao 017 por suplantación de identidade; 788 usuarios preguntaron acerca de falsas herdanzas, doazóns ou premios; e 1.345 persoas chamaron para expor un problema de sextorsión.

Fonte: Faro de Vigo