A participación en feiras especializadas é unha das ferramentas de promoción máis eficaces para as empresas polo compoñente de contacto directo co cliente potencial que levan consigo. Nos próximos días, Conexiona Telecom e Contact Comunicación participarán en dúas das citas sectoriais máis relevantes nos seus sectores de actividade.
n
n
nA cita máis próxima é a que Contact Comunicación ten entre o 28 e o 29 de setembro en Madrid na Total Media 2011, a cuarta edición desta feira especializada en comunicación dixital e mercadotecnia móbil. A empresa de Tecnópole contará cun stand propio no que presentará proxectos representativos das súas catro liñas de negocio: desenvolvemento de webs adaptadas para navegación móbil; creación de apps para iPhone e Android; deseño de accións de comunicación empregando códigos QR; e realidade aumentada.
n
nContact Comunicación acode a Total Media como empresa especializada en mercadotecnia móbil, en colaboración coa MMA Spain (Asociación de Móbil Mercadotecnia de España).
n
nPresentación de Asterisk
n
nUns días máis tarde, a principios de outubro, Conexiona Telecom participará tamén en Madrid no 'VOIP2DAY', un congreso de tres días que na súa xornada de apertura acollerá a presentación de EXIACore, o novo software de xestión intelixente de comunicacións para empresas que Conexiona presentou en Tecnópole a principios do pasado mes de xullo.
n
nSegundo os seus creadores, trátase dunha aplicación que permite manexar centrais telefónicas sen coñecementos técnicos e de xeito integrado con todas as bases de datos e sistemas de xestión da empresa. EXIACore foi deseñado para poder interaccionar con Asterisk -o programa de software libre que proporciona funcionalidades de central telefónica líder no mercado na franxa da telefonía VoIP- dunha forma rápida, sinxela e cómoda, externalizando toda a lóxica de control e toma de decisións cara á aplicación.
n
n(Fonte: Conexiona Telecom e Contact Comunicación)