Empresas de Galicia e Portugal accederán a clouds de supercomputación

O Centro de supercomputación de Galicia (CESGA) en colaboración cos Centros Tecnolóxicos AIMEN, CATIM e AIMMAP abre ás pequenas e medianas empresas de Galicia e o Norte de Portugal a plataforma de computación científico-técnica de alta capacidade CLOUDPYME.

n
n

nEste CLOUD, baseado en tecnoloxías de última xeración, está sendo desenvolvido no marco do proxecto CLOUDPYME para satisfacer as necesidades computacionais das empresas da Eurorrexión para o desenvolvemento dos seus produtos.
n
nA simulación numérica é unha ferramenta fundamental para a competitividade das empresas, facilitando a xeración de novos produtos sólidos e con gran calidade, reducindo os custos do seu desenvolvemento. Habitualmente, a empresa que xa utiliza a simulación emprega a súa propia infraestrutura informática, bloqueando a mesma para outras tarefas necesarias ou limitando o número de ensaios. Esta nova plataforma elimina estes inconvenientes, abrindo tamén a posibilidade de utilizar simulación numérica a aquelas empresas que aínda non a utilizan nos seus procesos de innovación, incrementando a súa competitividade.
n
nA plataforma permite ás empresas conectarse á infraestrutura tecnolóxica instalada no Centro de supercomputación de Galicia e ensaiar cos seus prototipos virtuais baixo demanda á medida das súas necesidades, de forma segura e confiable.
n
nInicialmente a plataforma ofrece o acceso a software de código aberto para CAD e CAE, que se adapta ás necesidades das empresas que están a desenvolver novos produtos. Con todo, a plataforma permite a instalación doutro software de cálculo ou análise de datos que a empresa necesite para os seus procesos de innovación.
n
nA plataforma ten o apoio dunha infraestrutura de computación estable e confiable, formada por máis de 1200 procesadores e 31.000 GB de espazo en disco, de tal forma que a empresa usuaria poida facer aqueles ensaios virtuais que considere necesarios sen limitarse por falta de capacidade, co fin de crear novos produtos competitivos.
n
nO proxecto CLOUDPYME dá a oportunidade de probar esta nova plataforma de forma sinxela, por un tempo limitado, e sen que se lle repercuta ningún custo pola súa utilización. Xa pode solicitar o acceso a través da páxina web http://www.cloudpyme.eu.
n
nProxecto CLOUDPYME
n
nO proxecto CLOUDPYME está creando unha infraestrutura sustentable de soporte ás pequenas e medianas empresas do sector manufactureiro para mellorar a súa competitividade internacional a través da inclusión de software libre de CAD e CAE que lles axude a mellorar o deseño dos seus produtos e procesos.
nO proxecto está desenvolvido polo CESGA e o Centro Tecnolóxico AIMEN (en Galicia) e os Centros Tecnolóxicos CATIM e AINMAP (no Norte de Portugal) e ofrece non só capacidade de computación senón tamén soporte técnico asociado ao deseño e simulación numérica de produtos.
n
nEstá cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro da segunda convocatoria de proxectos do Programa Operativo de Cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).
n
n(Fonte: CESGA)

n