Empresas agroalimentarias galegas e asturianas participan no proxecto Asgaia Innovación

Desenvolver liñas de traballo para cooperar e incrementar os sistemas de xestión das industrias vinculadas ao campo, ademais de ampliar a rede de mercado dos produtos locais, son obxectivos marcados por unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural (ADR), mediante a sinatura dun convenio de cooperación con empresas agroalimentarias de Galicia e Asturias que participarán no proxecto da Rede Asturgalega de Industrias Agroalimentarias, coñecido como Asgaia Innovación.

n
n

 

n

Asgaia Innovación é un proxecto de cooperación interterritorial que se levará a cabo en once bisbarras asturianas e outras tres de Galicia (Deza, Ordes e As Mariñas-Betanzos). Durante catro anos e cun presuposto de 424.000 euros, as empresas someteranse a un diagnóstico personalizado para coñecer cal é a súa situación no mercado, a súa xestión e o seu nivel de utilización das novas tecnoloxías. Entre os participantes, priman as industrias do pan e lácteas, ademais das dedicadas ao sacrificio de gando.

n

 

n

Terras do Deza será a entidade que leve a cabo este exame na bisbarra e mediante entrevistas persoais cos responsables das empresas e visitas ás súas instalacións, promoverase o intercambio de experiencias e a organización de encontros empresariais entre os participantes. Esta ADR supervisará todas as actuacións que se vaian consolidando no proxecto, concertando entrevistas periódicas coas firmas para coñecer de primeira man a súa evolución. Tras a fase de análise, poranse en marcha actuacións para mellorar a competitividade e xestión de cada firma.

n

 

n

O convenio por esta asistencia técnica estará vixente ata finais de 2012 e englobará, ademais de empresas vinculadas á produción de leite, ovos ou produtos artesanais, a outras firmas relacionadas coa venda de mel e embutidos.

n

 

n

Ademais das bisbarras galegas de Deza, Ordes e As Mariñas-Betanzos, Asgaia Innovación implantarase nos concellos agrupados nas zonas de Navia-Porcía; Bisbarra da Sidra; Cabo Penas; Alto Nalón; Baixo Nalón; Oscos-Eo; Montaña Central de Asturias; Consorcio para o Desenvolvemento Rural do Oriente de Asturias; Grupo de Acción Local para o Desenvolvemento da Bisbarra de Camín Real de la Mesa; Val Ese-Ese-Entrecabos e Alto Narcea-Muniellos.

n

 

n

(Fonte: InnovaSpain)

n