O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, garantiu a semana pasada que o emprego, a internacionalización e a innovación das empresas -como prioridades do seu departamento- se salvarán dos recortes e serán preservadas. Uns "axustes que hai que facer" necesariamente nas contas da Xunta e, polo tanto, na súa consellería, que atribuíu a "débedas pendentes que agora desgraciadamente hai que pagar".
n
n
n
"É obvio que esta consellería forma parte dun Goberno responsable e, como Goberno responsable temos que adaptar as nosas posibilidades de investimento e de gasto aos ingresos que temos", aseverou Guerra a preguntas dos xornalistas ao termo dunha rolda de prensa sobre liñas de apoio á eficiencia enerxética.
n
n
Despois de que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzase a necesidade de axustar as contas públicas en torno a 120 millóns de euros, o conselleiro asegurou que "como membro do Goberno, a Consellería de Economía e Industria é absolutamente solidaria cos axustes que hai que facer".
n
n
Ao respecto, indicou que o departamento que el dirixe priorizará o apoio á empresa e ao emprego, o fomento dunha xestión administrativa "máis doada e rápida", a internacionalización da pequena e mediana empresa "familiar e exportadora" e a innovación. A estes fins, afirmou, a Consellería dedicará "máis recursos".
n
n
Aforro enerxético
n
n
Os recortes, en consecuencia, aplicaranse "noutros ámbitos", entre os que se referiu á promoción do aforro e a eficiencia enerxética. "Gustaríanos aplicar máis recursos, pero non os temos. Hai que facer máis con menos", concluíu.
n
n
(Fonte: El Correo Gallego)
n