Egatel subministra o transmisor de TV Dixital de máis alta potencia que opera en México

A empresa Egatel, con sede en Tecnópole, subministrou á Universidade Autónoma de Nuevo León, en Monterrey (México), o transmisor de TV Dixital de máis alta potencia que opera no país centroamericano.

n
n

nCando se cumpren case dez anos das primeiras subministracións en México, Egatel, a través do seu distribuidor Grupo Diez Tecnología, aumentará a súa presenza no mercado mexicano mediante a instalación deste equipo.
n
nA implantación levará a cabo ao longo das próximas semanas, continuando o proxecto que se iniciou coa entrega dun transmisor Dualcast (Analóxico/Dixital) de 5KW.
nO transmisor, da serie TLE6800, está caracterizado pola súa alta eficiencia enerxética e fiabilidade, ao estar dotado da última tecnoloxía de transistores LDMOS e redundancia nos elementos críticos. Incorpora un sistema de refrixeración por líquido que disipa a calor de forma eficiente e silenciosa, deseñada para garantir o seu funcionamento de forma ininterrompida e optimizar o consumo enerxético.
n
nO equipo traballará de acordo co sistema ATSC, a norma de TV Dixital adoptada en México, e incluirá os últimos avances nesta tecnoloxía: capacidade de transmitir o sinal de TV a dispositivos móbiles (norma ATSC A/153-MH) e a operación en redes de frecuencia única (norma ATSC SFN A/110B:2011).
n
n(Fonte: Egatel)

n