Egatel presenta os seus transmisores e reemisores de TDT de baixa frecuencia en Broadcast Asia 2016

A empresa de Tecnópole Egatel presentou os seus novos transmisores de TV e reemisores de TDT de baixa potencia en Broadcast Asia, unha das maiores feiras do mundo da industria de medios e comunicación, un evento anual que se celebrou en Singapur entre o 31 de maio e o 3 de xuño.

As familias TUWH1000© e RUWH1000©, cun deseño compacto, alcanzan potencias de ata 115 Wrms nunha soa unidade de rack, facilitando aos operadores as tarefas de instalación, operación e mantemento. Con este lanzamento, a compañía amplía a alta eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF, aplicando a Tecnoloxía Doherty en banda ancha a transmisores e reemisores que se utilizarán nas últimas fases de cobertura dunha rede de TV.

“Ofrecen unha relación prestacións-custo inmellorable, ningún outro fabricante broadcast asumira este compromiso en favor da eficiencia aplicada ao aforro de enerxía e espazo”, afirma José M. Marinfio, director de vendas e mercadotecnia de Egatel. “As canles de televisión necesitan facilidades fronte aos custosos gastos de mantemento e buscan sistemas fiables e de calidade”.

As novas series, preparadas para traballar en todos os estándares de TV dixital, foron especialmente desenfiadas para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorporan un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia e un potente cancelador de ecos multiestándar, no caso dos reemisores de TDT SFN, de altas prestacións. Un intuitivo Web GUI posibilita a xestión completa dos equipos en modo local ou remoto resultando as tarefas de supervisioÏn e mantemento extraordinariamente sinxelas.

Tamén se exhibiu o Smart LNB, un equipo concibido para o operador de satélites Eutelsat. Trátase dun dispositivo electrónico de última xeración equipado cun novidoso transceptor conectado á antena parabólica que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. Os responsables de Egatel aseguran que este terminal revolucionará o mercado SatCom, ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada vía satélite como, HbbTV, redes sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc; así como aplicacións Machine to Machine (M2M): e-Health, casa conectada, smart metering, etc.

(Fonte: Egatel)