A empresa Egatel, situada en Tecnópole, presentou os seus dous novos transmisores de televisión na IBC 2011, celebrada estes días en Amsterdam. Este evento está considerado como a feira internacional de referencia no sector do broadcasting media (radio, televisión e outros medios de comunicación electrónicos).
n
n
n
A presenza de Egatel nesta cita anual, na que xa tiña experiencia, forma parte da súa estratexia de expansión internacional. Segundo os seus responsables, tratouse dunha nova oportunidade para atoparse tanto con clientes coma con novos operadores e integradores interesados na última tecnoloxía de transmisores de televisión.
n
n
Nesta edición do IBC, Egatel exhibiu os seus últimos produtos: transmisores de alta potencia con refrixeración líquida (Serie TLE6800) e a súa nova serie de transmisores de media potencia TE9000 con precorrección dixital adaptativa.
n
n
A nova gama de transmisores TLE6800 con refrixeración líquida caracterízase pola súa alta modularidade, permitindo configuracións moi flexibles, doada instalación e mantemento. O deseño modulador destes transmisores permite unha rápida e doada extracción e reposición de calquera dos seus módulos, o que facilita o mantemento á vez que o seu sistema de refrixeración líquida permite unha disipación moi eficiente e silenciosa da calor. A tecnoloxía de alta densidade de potencia dos transistores utilizados proporciona ao transmisor unha moi alta eficiencia enerxética, o que minimiza de forma significativa os custos de consumo e mantemento.
n
n
Os transmisores combinan as últimas e máis innovadoras tecnoloxías cun potente sistema de monitorado e un amplo sistema de redundancias para transmitir os sinais coa maior calidade e fiabilidade.
n
n
Pola súa banda, os transmisores de media potencia TE9000 incorporan amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS-50 Voltio, tecnoloxía caracterizada pola súa alta densidade de potencia, permitindo así un alto rendemento. Ademais, conseguen excelentes valores en parámetros clave para a transmisión do sinal con calidade inmellorable, como shoulders e MER.
n
n
Segundo a empresa, os transmisores TE9000 proporcionan unha relación inmellorable de potencia-tamaño e rendemento-fiabilidade que permiten a transmisión do sinal de TV dixital coa maior calidade. O seu deseño modular e compacto e o seu rendemento enerxético, facilitan a instalación e mantemento e reducen o custo total durante a vida do transmisor ao operador de broadcast.
n
n
(Fonte: Egatel)
n