Egatel presenta con éxito 4 proxectos de innovación por 9 millóns de euros nos ámbitos sanitario, vitivinícola e de extinción de incendios

Egatel, a empresa máis veterana de Tecnópole, acaba de conseguir financiamento procedente do programa FEDER-Innterconecta para executar, xunto con outras 17 empresas e 6 centros tecnolóxicos e de investigación, catro proxectos de innovación nos ámbitos sanitario, vitivinícola e da aeronáutica aplicada á extinción de incendios.

n
n

nOs proxectos, que serán desenvolvidos ao longo dos próximos dous anos, contan cun presuposto total de 9 millóns de euros que serán achegados polas empresas e polo programa de capital mixto Unión Europea-Xunta de Galicia xestionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI).

n

 

n

Mellora de urxencias sanitarias e quirófanos

n

nO primeiro dos proxectos centrado no ámbito da sanidade denomínase 'ISHEM' e ten a particularidade de que obtivo a maior puntuación das 119 propostas presentadas á convocatoria do programa Innterconecta. Trátase dunha iniciativa que reúne os esforzos de empresas de tres sectores distintos -TIC, sanitario e automoción- co fin de desenvolver unha plataforma integral para a xestión eficiente das emerxencias sanitarias.

n

nO resultado serán aplicacións de valor engadido integradas en vehículos para intercambiar información en tempo real cos centros de coordinación (061 e 112) e os centros sanitarios de destino. Deste xeito, espera que os profesionais dos Servizos de Emerxencias Médicas incrementen a súa capacidade de actuación e a calidade da asistencia. Na súa fase final, o proxecto contempla a realización dunha acción piloto experimental nun ámbito clínico que permita validar o funcionamento da plataforma e cuantificar os beneficios asistenciais que achega ante situacións de emerxencia.

n

nNo consorcio que executará o proxecto, que ten un presuposto total de 2,7 millóns de euros, participan, ademais de Egatel, as empresas Coremain, Rodríguez López Auto e Imaxdi, co soporte do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e a fundación sanitaria Ramón Domínguez.

n

 

n

Neste mesmo ámbito, o sanitario, desenvólvese o proxecto 'QUIRAV', que ten como obxectivo a mellora de todos os procesos que teñen lugar nos quirófanos. Para logralo, preténdese obter un sistema experto capaz de integrar toda a información procedente dos múltiples equipos presentes nos quirófanos. Mediante técnicas de big-data, capaces de procesar a información almacenada no sistema e os datos que chegan en tempo real, poderase obter coñecemento integrado moi útil para os profesionais sanitarios á hora de tomar decisións.

n

 

n

As empresas que integran o proxecto, que conta cun presuposto total de 2,3 millóns de euros, son, ademais de Egatel, AMMI Technologies, Baía Software, Everis e Plexus. O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS) da Universidade de Santiago e a Fundación Ramón Domínguez colaborarán coas empresas no desenvolvemento dos traballos técnicos.

n

nEgatel encargarase de deseñar e desenvolver un dispositivo capaz de concentrar todos os sinais dos equipos presentes nun quirófano e transformalos de modo que se permita a súa distribución cun tempo de retardo mínimo, así como o seu rexistro e almacenamento na Base de Datos do Sistema de Quirófano avanzado.

n

 

n

Monitorización de viñedos

n

 

n

No ámbito vitivinícola, o proxecto 'SIMOVI' ten como obxectivo a creación dunha plataforma tecnolóxica de monitorización de viñedos capaz de optimizar significativamente a xestión de todo o proceso vitícola, mellorando o control de calidade das colleitas e o seu impacto no produto final.

n

nA solución proposta baséase en utilizar cámaras de vídeo dotadas dun sistema de visión multiespectral con procesamento integrado. As cámaras apuntarán directamente ás vides e serán capaces de realizar unha medición densa e en rede de parámetros directamente relacionados coa saúde do viñedo (clorofila, brotes de pragas) e as características das uvas (azucres, taninos, carotenoides), así como outros de interese enolóxico.

n

nNo proxecto, dotado con 1,7 millóns de euros, traballarán conxuntamente empresas TIC (Egatel, Austen, Avansig, Eletroships Galicia e Eltor) e adegas (Pazo de Señoráns e Couto Redondo). Os centros tecnolóxicos Aimen e Gradiant e a Misión Biolóxica do CSIC darán soporte técnico ás empresas do consorcio.

n

nEgatel centrarase na definición da arquitectura de rede e o deseño do sistema de comunicacións intra-viña. Neste sentido, traballará nun sistema moi novidoso, coñecido como tecnoloxía de "radio cognitiva". Isto permitirá a Egatel posicionarse como unha das primeiras compañías en dispoñer desta tecnoloxía a nivel internacional, un dato moi relevante dado que espera que teña múltiples aplicacións noutros sectores, como o da TV ou Internet.

n

nExtinción de incendios

n

 

n

Por último, o proxecto 'XMIST', que conta cun presuposto de 2 millóns de euros, centrarase no deseño dun sistema integral para a detección e apagado de incendios mediante o uso de hidroavións non tripulados. As aeronaves controlaranse mediante un avanzado sistema de comunicación non asistido que, de forma automática, realice todo o proceso. En particular, o consorcio que executará o proxecto propón o desenvolvemento dunha frota destes dispositivos especializada na detección temperá e extinción de incendios, un problema que en España representa un custo económico anual estimado en máis de 1000 millóns de euros e que en moitos casos supón a perda de vidas humanas.

n

nOs socios de Egatel no proxecto (Everis Aerospace, Flightec Systems e Softwcare), así como o centro tecnolóxico Gradiant, teñen unha longa traxectoria e experiencia no sector aeroespacial. En concreto, Egatel farase cargo do sistema de comunicacións do segmento aire-terra.

n

n(Fonte: Egatel)

n