Egatel participa nas primeiras transmisións de TDT na rexión dos Andes de Chile

A empresa Egatel, con sede en Tecnópole, foi un dos provedores principais na posta en marcha das transmisións de televisión dixital terrestre (TDT) na rexión dos Andes de Chile.

n
n

nEgatel achegou un Transmisor UHF de Televisión Dixital Terrestre de 300 W para a norma ISDB-Tb, modelo TE9301, e colaborou na súa posta en marcha. Desta forma a empresa galega realizou unha importante contribución ao labor da Secretaría de Telecomunicacións do Goberno de Chile no actual proceso de dixitalización da televisión no país, permitindo dar a coñecer as vantaxes da TDT fronte á televisión analóxica convencional, nun momento no que se está a rematar de lexislar a súa implantación.
n
nSegundo informa a empresa, o modelo e potencia do transmisor seleccionouse tendo en conta un deseño de rede baseado en equipos compactos de media potencia. Esta é a configuración óptima para implantar a TDT ao longo da extensa xeografía do país.
n
nA cerimonia de inauguración da TV Dixital de libre recepción na rexión dos Andes tivo lugar o pasado mes de decembro.
n
nEgatel é o principal provedor de sistemas de televisión dixital en España, cun 55% do mercado nacional. O seu proceso de internacionalización dura xa dez anos e permitiulle alzarse co liderado do mercado marroquí. Ademais da fábrica radicada en Ourense conta con oficinas comerciais e delegacións en Madrid, Finlandia, Arxentina, Chile e México. Dende elas abriu xa negocio en 25 países e está a tratar de entrar no mercado asiático.
n
n(Fonte: Egatel)

n