Egatel, empresa de Tecnópole especializada no desenvolvemento e fabricación de equipos para a radiodifusión de TV e comunicación vía satélite, impartirá un curso de formación en modalidade presencial a finais do próximo mes de setembro. A data concreta está suxeita ao peche dun grupo mínimo de cinco persoas.
O curso de 300 horas impartirase en xornadas de oito horas de luns a venres. Das cinco persoas seleccionadas para recibir a formación, tres optarán a unhas prácticas na empresa de 200 horas e destas tres, dúas conseguirán un contrato de seis meses. Na selección de participantes valorarase o coñecemento previo do temario para avanzar coa programación de maneira máis rápida e produtiva.
Os participantes deben estar inscritos no sistema de garantía xuvenil e cumprir os requisitos que alí se esixen.
A recollida de currículos está aberta a través do formulario web.