Egatel fornece para Santiago de Chile o primeiro transmisor TDT de alta eficiencia e alta potencia no país

Egatel, a través do seu distribuidor en Chile, a empresa Sercom, coa que levou a cabo outros proxectos en media potencia, foi adxudicataria da subministración, instalación e posta en marcha dun transmisor ISDB de 6,5KW para TVR-Televisión Rexional de Chile (CNC Medios) en Santiago de Chile.

O transmisor de refrixeraciónn líquida, modelo TLWH7808, destaca polo uso da tecnoloxía Doherty banda ancha que permite obter a máxima eficiencia enerxética e resintonizar a súa frecuencia de operación sen necesidade de ningún cambio ou actuación HW sobre o equipo.

Para garantir a mellor calidade do servizo sobre a capital do país no lanzamento desta nova canle, optouse por un transmisor en configuración de máxima redundancia, incluíndo dobre excitador con unidade de control automática/manual, proteccións eléctricas individuais por módulo, un intercambiador de calor con dous ventiladores de alta eficiencia e unha unidade de bomba que contén dúas bombas en modo de espera activo.

“Desde Egatel queremos destacar a versatilidade desta serie de transmisores na que se optimizou tanto a eficiencia enerxética como a calidade de emisión (MER), a fin de obter a mellor calidade na área de cobertura e minimizar os custos operativos dos nosos clientes”, explica José M. Mariño, director de Vendas e Mercadotecnia da empresa.