Egatel fundouse en 1992 da man de Esteban Solleiro, enxeñeiro de telecomunicacións ourensán, iniciando a súa actividade no sector doméstico de recepción de TV por satélite e no mercado profesional de microrepetidores analóxicos para TV. En poucos anos a compañía obtén a homologación como fabricante de equipos broadcast profesionais e ampla a gama de produtos a transmisores e reemisores analóxicos e dixitais de baixa, media e alta potencia.
No ano 1999 logra a adxudicación do contrato para o primeiro despregue da rede de TDT en España e que cos anos a leva a converterse no principal provedor de equipos de transmisión de TV Dixital en España para o chamado “apagón analóxico”, subministrando a Abertis Telecom (actual Cellnex), principal operador de rede en España, máis de 7600 transmisores e reemisores, así como aos operadores rexionais Retegal en Galicia, Axión en Andalucía e Aragón Telecom en Aragón.
A partir do ano 2007 iníciase un proceso de internacionalización, que deriva nun período de crecemento empresarial sustentable, que se mantén na actualidade, e durante o cal a empresa se posiciona no contorno internacional como unha empresa á vangarda do desenvolvemento tecnolóxico, tendo participado nos desprgues de TDT de países como México, Alxeria, Tanzania, Marrocos, Arxentina, Colombia, Kenia, Uruguay, Chile ou Panamá, entre outros. Actualmente o 85% da cifra de negocios provén do exterior.
Nos últimos anos, Egatel estivo levando a cabo unha estratexia de diversificación, apostando polo deseño de produtos e servizos orientados á apertura de novos nichos de mercado. O máximo exponente desta estratexia é o SmartLNB, un produto que está revolucionando o sector das comunicacións por satélite. Seguindo esta liña estratéxica, no período 2015-2016 a empresa investiu máis de 3,5 millóns de euros en I+D+I e participou en diferentes proxectos de innovación en colaboración con outras empresas, universidades e centros tecnolóxicos no ámbito das comunicacións marítimas, aeronaves non tripuladas e vehículos conectados.
Se ben a sede central encóntrase en Tecnópole, Egatel ten delegacións en Madrid, Arxentina, Chile e México. Actualmente conta cun cadro de persoal de máis de 60 técnicos e enxeñeiros cunha alta cualificación en sistemas e electrónica de telecomunicacións. Egatel está integrada na Área de Servizos e Tecnoloxía de COMSA Corporación, grupo referente no sector das infraestruturas e a enxeñería a nivel mundial.
(Fonte: Egatel)