Egatel amplía a rede de TDT arxentina con transmisores de alta eficiencia – banda ancha

Egatel foi elixida como provedora dos transmisores de alta eficiencia – banda ancha da Serie WHET (Wideband High Efficiency Tranmsitters) que se utilizarán na ampliación da rede de TDT en Arxentina.

O proxecto consiste na subministración de dezasete transmisores de TV. A ampla traxectoria da empresa situada en Tecnópole fabricando este tipo de equipos, a súa experiencia no desenvolvemento de equipos de alta eficiencia, así como a súa flexibilidade para adaptar a solución final, foron os factores decisivos que se tiveron en conta á hora de adxudicar o proxecto.

Segundo a compañía, os seus transmisores de alta eficiencia son a mellor opción por ofrecer unha relación calidade-prezo difícil de superar. A optimización da eficiencia enerxética en toda a banda UHF a través da tecnoloxía Doherty, o desenfio compacto e modular, a redundancia de fontes de alimentación ou a posibilidade de realizar cambios de canle sen necesidade de facer ningunha modificación nos amplificadores reducen notablemente o custo total na instalación e ao longo da vida do transmisor.

(Fonte: Egatel)