A empresa Egatel, situada en Tecnópole, abre oportunidades de negocio a provedores galegos para atender a súa carteira de clientes en 25 países. Nunha xornada celebrada no marco do ciclo "Os mércores de Tecnópole", na que participaron unha trintena de representantes de empresas galegas, o director xeral de Egatel, Javier Taibo, expuxo as necesidades de soporte externo que teñen tanto para a fabricación dos seus produtos como para desenvolver as liñas de diversificación que están a abordar para abrir novas liñas de negocio a través da innovación.
n
n
nTaibo expuxo que Egatel é o principal provedor de sistemas de televisión dixital en España, cun 55% do mercado nacional, e que o principal reto de futuro da empresa é a internacionalización, un camiño no que xa levan máis de dez anos de percorrido e que os levou ao liderado do mercado marroquí. Ademais da fábrica radicada en Ourense contan con oficinas comerciais e delegacións en Madrid, Finlandia, Arxentina, Chile e México. Dende elas abriron xa negocio en 25 países e están a tratar de entrar no mercado asiático.
n
n"Ao traballar nun nicho de mercado tan específico estamos moi condicionados polas flutuacións do mercado, polo que buscamos diversificarnos para abrir novas liñas de negocio a través da innovación", explicou o director xeral de Egatel. Neste sentido, aclarou que a súa demanda de provedores en Galicia alcanza tamén este ámbito, no que recentemente conseguiron financiamento para executar, xunto con outras 17 empresas e 6 centros tecnolóxicos e de investigación, catro proxectos de innovación por 9 millóns de euros nos ámbitos sanitario, vitivinícola e da aeronáutica aplicada á extinción de incendios.
n
nImportancia da proximidade
n
nO responsable de compras de Egatel, Ramón Conde, incidiu na importancia da proximidade dos seus provedores para ter maiores garantías no control de calidade. A intención é atopar provedores de proximidade para poder obter en Galicia as solucións que hoxe teñen que contratar en Estados Unidos, Taiwán ou Reino Unido.
n
n"A calidade é a nosa primeira esixencia aos nosos provedores, seguida polo cumprimento dos prazos, un prezo competitivo e un afán de superación afín ao de Egatel", especificou Conde. Neste sentido, o director de produción da empresa, Silvestre Vaz, engadiu que a fiabilidade e a capacidade para adaptarse ás novas necesidades dos clientes, xunto coa mellora continua de procesos son prioridades de Egatel nas que os provedores teñen que acompañalos.
n
nOs mércores de Tecnópole
n
nEsta xornada foi a primeira do ciclo "Os mércores de Tecnópole", organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas. Un mércores de cada mes unha empresa exporá as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.
n
nO contido destas sesións será posto na web www.5sentidosparainnovar.com, a plataforma de innovación aberta promovida por Tecnópole, para que sexa accesible a todos os interesados que non poidan asistir de xeito presencial.
n
nO obxectivo deste ciclo é potenciar o papel tractor que as empresas de Tecnópole poden exercer nos seus respectivos sectores con base na innovación, dando a coñecer no ámbito as súas fortalezas e diferenzas competitivas. Con isto preténdese contribuír a reforzar o seu posicionamento no mercado e incrementar as súas relacións empresariais e comerciais.
n
n(Fonte: Tecnópole)