O próximo 16 de outubro a empresa Egatel inaugura o ciclo “Os mércores de Tecnópole”, organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas. Un mércores de cada mes unha empresa expoñerá as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.
n
n
nO director xeral de Egatel, Javier Taibo, expoñerá ante os asistentes as necesidades de soporte externo que a empresa ten na actualidade para a fabricación dos seus produtos, o que supón un abano de oportunidades aberto a provedores locais. Por outra banda, explicará os estritos controis de calidade aos que está sometida a produción da empresa, especializada na investigación, desenvolvemento e fabricación de produtos e sistemas de radiofrecuencia destinados a transportar ou difundir sinais de televisión e sinais de radio dixital para cubrir as necesidades do mercado broadcast profesional global.
n
nEgatel, a empresa máis veterana de Tecnópole, foi noticia hai unhas semanas por conseguir financiamento procedente do programa FEDER-Innterconecta para executar, xunto con outras 17 empresas e 6 centros tecnolóxicos e de investigación, catro proxectos de innovación nos ámbitos sanitario, vitivinícola e da aeronáutica aplicada á extinción de incendios.
n
nA través da web
n
nO ciclo continuará durante os próximos meses con varias empresas dos sectores das TIC e das enerxías renovables: Allenta, Gaélica Solar, Contactnova Callcenter e Kinetika Innovacións Estruturais.
n
nO contido destas sesións será envorcado na web www.5sentidosparainnovar.com, a plataforma de innovación aberta promovida por Tecnópole, para que sexa accesible a todos os interesados que non poidan asistir de maneira presencial.
n
nO obxectivo deste ciclo é potenciar o papel tractor que as empresas de Tecnópole poden exercer nos seus respectivos sectores con base na innovación, dando a coñecer na contorna as súas fortalezas e diferenzas competitivas. Con isto preténdese contribuír a reforzar o seu posicionamento no mercado e incrementar as súas relacións empresariais e comerciais.