Edisa presenta en Tecnópole a nova versión da súa plataforma de xestión corporativa Libra

n

A empresa Edisa, con sede en Tecnópole, presentará o vindeiro luns día 25 a nova versión da súa plataforma de xestión corporativa Libra durante unha xornada de mañá que terá lugar o salón de actos do edificio CEI do Parque Tecnolóxico de Galicia. O evento forma parte dunha rolda de nove presentacións que a empresa está a realizar por toda España.
n
nA actualización deste ano presenta importantes novidades, tanto desde o punto de vista funcional (novos módulos e funcionalidades, como a inclusión de gráficos en todos os programas), como desde o punto de vista tecnolóxico. Ademais, durante o evento a empresa adiantará a súa estratexia de produto para o período 2015-2020.
n
nAsí, na presentación explicarase a adaptación de Libra á normativa SEPA (pagos unificados na Unión Europea), que entrará en vigor a partir de febreiro de 2014, e ás modificacións na Lei do IVE (IVE de caixa, fundamentalmente). Presentarase tamén a nova versión Libra Mobile e un avance da versión 6, que incorpora a última tecnoloxía de ORACLE-ADF e que será a actualización prevista para os anos 2015-2020.
n
nSobre Libra
n
nLibra é unha plataforma tecnolóxica desenvolvida por Edisa para facilitar ás empresas a súa xestión diaria en todos os os elos da cadea de manexo de datos, produción, comunicación ou distribución. Entre as súas principais vantaxes, destaca a de achegar ás empresas "unha plataforma completa, avanzada desde o punto de vista tecnolóxico, cunha metodoloxía na implantación dos proxectos que permite ás compañías conseguir prazos e resultados que hai uns anos serían impensables, nunha implantación dun sistema integral en grandes empresas".
n
nLibra inclúe a día de hoxe máis de 2.500 aplicacións que cobren a totalidade de procesos dunha empresa. Ademais, está integrada en máis de medio milleiro de firmas pertencentes a uns 30 sectores empresariais. O sector máis importante para Edisa é a alimentación e agroalimentario, incluíndo os seus múltiples subsectores, tanto a nivel industrial como comercial.
n
nAdemais, inclúe un conxunto de aplicacións totalmente integradas para cubrir todos os procesos de negocio e os de xestión de case calquera tipo de empresa, cunha elevada capacidade de adaptación ás necesidades de cada firma.

n

n

 

n