Edisa dá a coñecer o potencial de diversas tecnoloxías na xunta anual de cooperativas farmacéuticas

O pasado 28 de novembro celebrouse a xunta anual das cooperativas farmacéuticas, integradas na asociación nacional ACOFARMA. A xunta tivo presenza galega: a que achegou a empresa Edisa, con sede en Tecnópole, que participou subministrando a súa visión tecnolóxica.

n
n

nO encargado de subministrar este punto de vista foi Carlos Suárez, director xerente e conselleiro delegado de Edisa. O evento puxo de manifesto a importancia das TIC para a distribución farmacéutica, que todos coincidiron en cualificar de "recurso estratéxico".
n
nEdisa presentou ante os asociados de ACOFARMA o estado de cousas dunha serie de tecnoloxías de gran potencialidade para o sector e preparou o terreo para un interesante debate sobre as oportunidades que ofrecen. Entre os temas tratados destacan os seguintes: xestión por procesos (orientada á automatización de fluxos de traballo), implantación de cadros de mando operativos e do cadro de mando integral, sistemas de xestión documental integrados no sistema de xestión e computación na nube.
n
nEn relación a este último tema, durante a sesión analizáronse as diferentes posibilidades existentes, coincidindo os participantes en que se trata dunha tecnoloxía (a computación na nube) que xa é unha realidade e que pode supoñer un importante impulso para o sector farmacéutico. Neste sentido fíxose fincapé no potencial que esta tecnoloxía ofrece para mellorar a seguridade dos procesos das empresas, "podendo ser unha alternativa moi atractiva para dispoñer de sistemas redundantes e para a xestión da copia de seguridade, que son factores críticos para este sector", sinalaron os asistentes.
n
n(Fonte: Código Cero)
n

n