A empresa galega Edisa, con sede en Tecnópole, está a presentar estes días o contorno 6.1.2 da súa plataforma de xestión corporativa Libra, unha actualización cargada de novidades a ter en conta.
n
n
nPor exemplo, a nivel de envío e descarga de correo electrónico, configurando os servidores SMTP e POP3, engádese un plug-in de botón contextual do botón dereito do rato para probar a configuración de forma rápida. Ademais, nas descargas de arquivos, se o usuario intenta cambiar a extensión dun arquivo recuperarase de xeito automático a extensión anterior, evitando desta forma de que se intente abrir o arquivo cun programa incorrecto.
n
nPor outra banda, na definición de menús permítese indicar que unha opción de menú vai aplicada só a un ou varios sectores de empresa (tamén se pode facer de forma inversa, é dicir, indicar que unha opción de menú non estará dispoñible para empresas dun ou varios sectores).
n
nA maiores, a nivel de alertas, inclúese a posibilidade de enviar correos electrónicos con mensaxes que superen o tamaño de 32 KB (dende o pl/sql da alerta pódese anular ou forzar o envío do correo electrónico asociado á alerta). No seu xestor visualízase o tempo en segundos que tardou a última execución e pódese parametrizar unha alerta que será invocada de forma automática cando a execución supere un determinado umbral de tempo. Tamén é posible indicar se o correo electrónico unicamente debe ser enviado en caso de que algún informe invocado pola alerta do xerador de informes devolva datos.
n
nAdemais, auméntase o número de plug-ins por bloque, pasando de 20 a 26 nos botóns verticais e de 5 a 14 na fila horizontal.
n
nSobre Libra
n
nLibra é unha plataforma tecnolóxica desenvolvida por Edisa para facilitar ás empresas a súa xestión diaria en todos os elos da cadea de manexo de datos, produción, comunicación ou distribución. Entre as súas principais vantaxes, destaca a de achegar ás empresas "unha plataforma completa, avanzada dende o punto de vista tecnolóxico, cunha metodoloxía na implantación dos proxectos que permite ás compañías conseguir prazos e resultados que hai uns anos serían impensables, nunha implantación dun sistema integral en grandes empresas".
n
nLibra inclúe a día de hoxe máis de 2500 aplicacións que cobren a totalidade de procesos dunha empresa. Ademais, está integrada en máis de medio millar de firmas pertencentes a uns 30 sectores empresariais. O sector máis importante para Edisa é da alimentación e agroalimentario, incluíndo os seus múltiples subsectores, tanto a nivel industrial como comercial.
n
nAdemais, inclúe un conxunto de aplicacións totalmente integradas para cubrir todos os procesos de negocio e os de xestión de case calquera tipo de empresa, cunha elevada capacidade de adaptación ás necesidades de cada firma.
n
nAlgunhas das funcionalidades que complementan Libra son as seguintes:
n- ERP: procesos operativos e procesos de xestión.
n- CRM: xestión da relación cos clientes.
n- BPM: xestión de procesos.
n- BI: business intelligence.
n- Mobilidade: traballo online dende dispositivos portátiles.
n- Comercio en rede: portais web e comercio electrónico.
n
n(Fonte: Código Cero)