Edesdev-Sineldent destina 3 millóns a abrir en Madrid a súa segunda fábrica

A empresa de enxeñería e desenvolvemento de produtos Edesdev, que comercializa os seus produtos baixo a marca Sineldent, ten en marcha un investimento de 3 millóns para abrir en Alcobendas a súa segunda fábrica, que se suma á planta de 1500 metros cadrados coa que opera desde o Poligono de San Cibrao das Viñas e ao seu centro de I+D, situado en Tecnópole.

Desde Ourense están a producir actualmente unha media diaria de 2000 próteses dentais con destino a laboratorios de todas as comunidades do país e a outros tres mercados europeos: Portugal, Francia e Alemaña.

“Somos os máis rápidos en España servindo próteses dentais, pero abrimos en Madrid porque hai un determinado tipo de cliente que necesita maior proximidade e con esta operación reduciremos en case un dia o tempo de envío a moitas zonas. A apertura é inminente e só está pendente dalgúns trámites administrafivos”, avanza Marta Sanz, directora de operacións de Edesdev.

Con dous centros de produción, a enxeñaría ourensá espera potenciar as exportacións, que actualmente representan o 5% dos ingresos, e quere dar o salto a novos mercados europeos: “Temos permiso sanitario para operar en calquera país de Europa e como contamos cuns procesos de fabricación moi automatizados, podemos servir nun mínimo de tres días. Máis días xa representa un problema, polo que para entrar, por exemplo, en Asia ou en Estados Unidos fai falta ter fábrica na zona”, explica Marta Sanz.

Por iso un dos obxectivos de Edesdev, aínda que non no curto prazo, é abrir a terceira fábrica nalgún dos palses de Latinoamérica con maior demanda de próteses dentais. “Non sei se imos dar o paso nós ou se son os clientes os que nos van a obrigar, xa que en paises como Brasil hai laboratorios protésicos que nos chaman con frecuencia para demandar o noso produto. De momento o obxectivo é situarnos máis en Europa”, matiza a directora de operacións.

A empresa iniciou a súa singradura en 2005 en Tecnópole, onde mantén o seu niño para tarefas de I+D. Por falta de oferta de naves axustadas ás súas necesidades no Parque Tecnolóxico, fixou o seu centro de produción no contiguo Pollgono de San Cibrao das Viñas.

Para cargos de dirección incorporou a profesionais do sector sanitario. Con 40 traballadores en persoal, é líder en próteses dentais “implanto-soportadas” e fabricadas en impresión 3D. Só serve a laboratorios dentais, que son os encargados de pór a estética (cerámica) e de comercializar o produto en clínicas e centros profesionais.

Edesdev fabrica o 100% das próteses con impresión 3D: “Beneficiámonos da rapidez e exactitude do sinterizado láser e logo conseguimos o axuste perfecto ao implante con mecanizado tradicional. Nós non mecanizamos toda a peza”, aclara Sanz.

A empresa prevé crecer este ano un 40%, ao pasar dunha facturación de 5 millóns a 7 millóns en 2018. Se o alcanza, o crecemento acumulado en dous anos será do 133%.

Próteses para hospitais

No primeiro trimestre de 2019, iniciará a fabricación de próteses para o sector médico-cirúrxico, con destino a hospitais e clínicas públicas e privadas de todo o país.

O obxectivo é ofrecer solucións para casos complexos que requiren un produto personalizado e para os quen non serven as producións en serie. Abarcará todo tipo de próteses, con máis volume nas de cadeira e xeonllo.

A empresa, que está á espera de permisos e licenzas sanitarias, xa traballa en proxectos de I+D+i con varios hospitais. Está a desenvolver modelos anatómicos, a través dunha das súas cinco liñas comerciais: Medical CAD, orientada a próteses multiforma adaptativas.

As outras marcas propias son Sineldent para o core business do sector dental, Outlimit para os produtos de simulación, Zero para enxeñería aeroespacial e Ecual para o deseño e desenvolvemento de artigos de xoiaría.

(Fonte: Expansión)