Economía e Industria investirá 8 millóns de euros este ano no fortalecemento do Sistema Galego de Innovación

A Consellería de Economía e Industria investirá ao longo deste ano 8 millóns de euros no fortalecemento do Sistema Galego de Innovación. As catro actuacións que centrarán esta aposta foron anunciadas este martes polo titular deste departamento, Francisco Conde, na primeira reunión do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación presidida por el.

n
n

nA primeira destas iniciativas, que será posta en marcha de xeito inmediato, consiste na formalización de contratos-programa para a consolidación de centros tecnolóxicos e outros centros de coñecemento. Estes contratos-programa suporán financiamento público para o funcionamento destes centros e estarán suxeitos ao cumprimento dun conxunto de compromisos e indicadores por parte dos beneficiarios. En especial, os centros deberán acreditar a intensificación da súa actividade de transferencia de resultados, é dicir, de proxectos en colaboración coa empresa, prioritariamente con Pemes.
n
nEn segundo lugar, porase en marcha un sistema de incentivos dirixidos a axentes intermedios (centros tecnolóxicos, clústers e asociacións empresariais) capaces de captar fondos para innovación procedentes das administracións central e europea. Estes incentivos estarán condicionados pola obtención efectiva de resultados, o que quere dicir que a remuneración dependerá dos éxitos conseguidos en termos de financiamento captado. A intención última desta iniciativa é propiciar o máximo aproveitamento posible dos fondos externos por parte dos axentes galegos, mantendo así nun alto nivel a aposta polo apoio público á innovación pero cun impacto menor nos presupostos propios da Xunta.
n
nPor outra banda, activarase un paquete de medidas para acelerar a creación e consolidación de novas empresas en sectores emerxentes, como é o caso da biotecnoloxía ou as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC). O obxectivo destas medidas será, por un lado, prestar soporte á valorización dos resultados de investigación dos centros de coñecemento a través da posta en marcha de empresas específicas (spin-off) e, por outro, apoiar o nacemento de start-ups, é dicir, empresas de rápido crecemento con alto perfil innovador.
n
nAdemais, este ano consolidarase o Programa Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA), iniciado como experiencia piloto en 2010 e que se traducirá na formación e incorporación de ao redor de 60 xestores da innovación en Pemes galegas. As accións previstas inclúen unha completa formación para capacitalos nesta especialidade, a súa incorporación a empresas galegas e fórmulas de traballo en rede entre os beneficiarios do programa.
n
nEstas serán as catro primeiras actuacións que a Axencia Galega de Innovación coordinará e executará con cargo ao empréstito de 35 millóns de euros que o Ministerio de Economía e Competitividade lle concedeu a Galicia no marco da Estratexia Estatal de Innovación. Este acordo permitirá abordar un conxunto de actuacións estratéxicas para o Sistema Galego de I+D+i durante os próximos anos.
n
nEstratexia de especialización intelixente
n
nOs membros do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación, formado por representantes da Xunta e das tres universidades, traballaron tamén na estratexia de especialización intelixente requirida pola Unión Europea a todas as rexións que optan a continuar recibindo fondos estruturais (FEDER) a partir de 2014. O conselleiro de Economía e Industria solicitou a colaboración de todos os axentes do Sistema Galego de Innovación para cumprir este requisito, que consiste en presentar un plan no que se identifiquen claramente os sectores e os ámbitos de especialización con maior potencial innovador e de crecemento de Galicia. Estas prioridades serán as que guíen o investimento estrutural da UE na comunidade a partir do ano que vén, o que implica que se definan de antemán os ámbitos de financiamento e non a posteriori, como ata agora.
n
nConde expuxo que as universidades e o resto dos centros tecnolóxicos e de investigación deben implicarse neste proceso polo seu papel protagonista na xeración do coñecemento, que se traducirá en competitividade para Galicia grazas á súa posta en valor no mercado. Ligado a isto, anunciou que as empresas terán tamén o seu ámbito de participación na elaboración da estratexia de especialización intelixente, xa que delas depende que o potencial do coñecemento xerado en Galicia a convirta en crecemento económico.
n
nSegundo explicou, este proceso non só debe concibirse como un requisito para seguir recibindo fondos europeos, senón como unha oportunidade para que Galicia optimice as súas políticas públicas e privadas de innovación.
n
n(Fonte: Axencia Galega de Innovación)

n