Economía e Industria inicia na Tecnópole o adestramento intensivo dos futuros membros da Rede de Xestores de Innovación de Galicia

Os futuros membros da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA), promovida pola Consellería de Economía e Industria, iniciaron esta mañá o seu período de formación intensiva na Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia, Ourense).
n
nO curso, que se estenderá ata finais de setembro, foi inaugurado polo director xeral de I+D+I da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, que instou aos 61 alumnos a “aproveitar ao máximo o adestramento especializado” que comezan a recibir esta semana coa vista posta na súa incorporación a outras tantas pemes galegas a mediados de outubro.
n
nCapilla lembrou que a iniciativa da Consellería de Economía e Industria é a primeira destas características que se pon en marcha en España e dirixiuse aos alumnos mostrando a súa “total convicción de que a remesa de profesionais expertos que inaugurades a Rede XIGA marcará un salto de cualidade na integración eficaz das pemes galegas no mercado da innovación”.
n
nLogo da intervención do director xeral de I+D+I, os alumnos asistiron a unha clase maxistral sobre innovación, emprendemento e crecemento impartida polo experto Xavier Marcet, e posteriormente dividíronse nos dous grupos nos que recibirán as 320 horas de formación especializada para identificar proxectos e potencial de I+D+i nas empresas; analizar convocatorias de axudas públicas no ámbito da innovación; definir, planificar e documentar memorias de proxectos de I+D+i; e xestionar proyectos de innovación na empresa, individuais ou cooperativos. Os módulos programados van desde a fiscalidade da innovación e a propiedade intelectual á xestión de equipos e proxectos, pasando pola comunicación da innovación, técnicas de negociación e novas tecnoloxías, entre outros.
n
nSistema innovador
n
nA avaliación e validación de candidatos levouse a cabo mediante un novidoso sistema de identificación e xestión da información que garante a protección de datos privados e a total transparencia e imparcialidade nos procedementos de valoración de propostas para axudas públicas. Este sistema, desenvolvido por unha peme galega con base no denominado código QR, utilizouse coa XIGA por primeira vez nun proceso administrativo en Galicia.
n
nO código QR é un sistema de cifrado de información inventado en Xapón e o seu uso estase a estender de maneira significativa por todo o mundo con fins moi diversos. As compañías aéreas, por exemplo, están a envialos xa aos teléfonos móbiles dos seus clientes para que se identifiquen na porta de embarque, evitando así a impresión de tarxetas.
n
nO interese da Consellería de Economía e Industria nesta tecnoloxía débese a que garante por completo a imparcialidade e transparencia nos procesos administrativos, polo que xa se está a traballar para implementalo en todos os procedementos de avaliación de solicitudes de axudas do futuro Plan Galego de I+D+I, como parte do proceso de eliminación total do papel nos trámites.
n
nEmpresas
n
nNeste momento estase a levar a cabo tamén o proceso de validación das solicitudes enviadas polas pemes galegas interesadas en contratar a estes expertos unha vez que remate a súa formación. No mes de setembro levarase a cabo o proceso de avaliación das súas propostas e a mediados de outubro farase efectiva a incorporación dos xestores de innovación ás súas respectivas empresas. Ademais de facerse cargo da formación destes profesionais, a Consellería de Economía e Industria concederalles ás empresas importantes axudas para facerlle fronte aos gastos derivados da contratación, que se materializarán no 70% do custo laboral o primeiro ano, o 50% o segundo, e o 30% o terceiro, sobre un importe máximo de 30.000 euros para o salario bruto anual e a cota empresarial da Seguridade Social a tempo completo.
n
nA incorporación laboral dos xestores de innovación nas pemes beneficiarias do programa co apoio financeiro da Consellería de Economía e Industria suporá que estes profesionais pasen a traballar en cadansúa empresa con total autonomía, pero sometidos a un seguimento xunto coa actividade innovadora da peme, co fin de garantir o axeitado aproveitamento dos recursos do programa.
n
nA continuidade da axuda estará supeditada á presentación de resultados tanxibles ao remate do primeiro ano. Estes resultados mediranse tomando como referencia o número de proxectos de innovación identificados, o número de proxectos realizados e en execución e os resultados acadados grazas a estes.
n
nMediante esta iniciativa, a Xunta trascende as accións de cofinanciamento de proxectos concretos de innovación empresarial –que seguirán estando vixentes- para abordar o soporte á incorporación nas pemes de capital humano especializado na xestión destes proxectos. O obxectivo é capacitar as empresas para convertelas nas principais promotoras do aumento da súa competitividade a través de recursos propios.
n
nAs expectativas do programa contemplan que as empresas contratantes de profesionais da Rede XIGA teñan acadado ao remate de 2012 un incremento do investimento en innovación dun 30%; un 50% máis de proxectos presentados a convocatorias competitivas de plans autonómicos, estatais e internacionais; e un aumento da facturación ligado á explotación dos resultados dos proxectos.
n
n
n
n