A Consellería de Economía e Industria, tal e como recolle o novo Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento da Xunta, homologará axentes especializados na preparación de proxectos de innovación de alto impacto que impliquen a participación de varias empresas galegas para poder acceder a instrumentos de financiamento nos que a elevada dimensión das propostas e do investimento asociado a elas é requisito indispensable, como é o caso do Fondo Tecnolóxico Europeo.
n
n
n
O conselleiro Javier Guerra analizou esta liña de actuación na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en Santiago, onde expuxo os detalles desta iniciativa no marco da presentación das liñas específicas de apoio ás empresas consideradas no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015.
n
n
Guerra explicou que esta medida "está dirixida a atallar o baixo nivel de execución do Fondo Tecnolóxico, que rolda o 10% do total previsto para Galicia cando xa se superou o ecuador da súa vixencia, e a escasa representatividade da participación de empresas galegas en proxectos do Sétimo Programa Marco da UE".
n
n
Para levalo a cabo, a Xunta procederá á homologación de centros tecnolóxicos e consultoras como axentes especializados no apoio á identificación e preparación de propostas para que leven a cabo tarefas de asesoría individualizada a empresas galegas con potencial real de participación en programas colaborativos de I+D+i e para que preparen propostas competitivas a estes programas con presenza relevante especialmente de pemes. Deste modo, sinalou Javier Guerra, "conseguirase o músculo necesario para concorrer a estes instrumentos de financiamento e superaranse as barreiras de complexidade operativa e burocrática que viñan lastrando a participación do empresariado galego nestas convocatorias, dotadas con elevadas sumas de investimento público e moi desaproveitadas ata agora polo sector produtivo da comunidade".
n
n
Guerra explicou que a Consellería de Economía e Industria prevé incentivar os axentes intermedios homologados en función dos resultados conseguidos na presentación de proxectos, pero tamén subvencionar parcialmente os custos de preparación destes e mesmo achegar financiamento adicional en forma de empréstitos participativos ou capital risco a aquelas empresas que lideren proxectos de Fondo Tecnolóxico de alto impacto e risco tecnolóxico, con medidas similares de apoio a proxectos destinados ao VII Programa Marco Comunitario de I+D+i 2007-2013 e ao Programa Europeo de Competitividade e Innovación.
n
n
En relación a isto, está a poñer en marcha tamén unha liña de actuación baseada na dinamización da participación en programas colaborativos de I+D+i por parte de empresas galegas con carácter tractor en sectores estratéxicos, é dicir, con capacidade para mobilizar un número significativo de axentes arredor de iniciativas innovadoras.
n
n
Valorización e innovación
n
n
Esta iniciativa enmárcase no reto do I2C de converter a innovación no principal mecanismo de competitividade das empresas galegas e multiplicar a capacidade de valorización do coñecemento desenvolvido en universidades e centros de investigación.
n
n
O conselleiro de Economía e Industria recordou que o I2C concentra un 23% dos seus recursos presupostarios na innovación empresarial, "pero dende a óptica de que os recursos públicos orientados a ela funcionen como un catalizador para unha cultura empresarial cimentada na innovación, como a forma máis eficiente de xeración de valor, competitividade e crecemento".
n
n
O eixe estratéxico do I2C baseado na innovación empresarial fai énfase na promoción da innovación aberta, coa que os procesos de innovación saen dos departamentos de I+D das empresas para dar lugar a procesos baseados na colaboración. Ademais, o novo Plan contempla novas figuras de soporte á creación de empresas de base tecnolóxica e de apoio económico a proxectos de innovación que transcenderán o mero ámbito da subvención implicando o desenvolvemento doutros axentes e instrumentos de financiamento, todo isto a través de 19 liñas de actuación.
n
n
Durante a súa presentación, Guerra pediulles un esforzo aos empresarios para sumarse ao cambio cultural promovido polo I2C, baseado na unión de investigación e innovación con espírito emprendedor e cunha perspectiva baseada na colaboración, de maneira que os centros públicos de investigación sexan capaces de facer compatible a súa traxectoria de calidade investigadora cunha maior capacidade de valorización, pero tamén que a empresa sexa quen de interiorizar e sistematizar a rendibilización destes resultados no mercado. Neste sentido, unha das liñas de actuación do Plan céntrase en incentivar proxectos de innovación de alto impacto xeradores de emprego e de crecemento económico, para o cal se realizarán convocatorias orientadas a apoiar proxectos que se realicen dende o liderado dunha empresa tractora, coa implicación como mínimo dunha peme e dunha universidade, centro de investigación ou centro tecnolóxico.
n
n
O I2C contempla tamén un eixe centrado na internacionalización que, segundo Guerra, xunto coa innovación é a chave da competitividade empresarial. Neste eixe inclúense accións de fomento de redes de innovación con maior capacidade para competir en convocatorias europeas e internacionais, medidas de incentivación da captación de fondos procedentes do VII Programa Marco e doutras convocatorias e actuacións de potenciación de alianzas con outros sistemas rexionais de innovación altamente eficientes para levar a cabo proxectos de innovación conxuntos de envergadura.
n
n
O conselleiro analizou tamén os Programas Sectoriais contemplados no I2C como outro dos seus eixes e que definen as áreas de coñecemento e competitividade nas que Galicia ten maior potencial. As liñas de actuación que o configuran están orientadas a potenciar a investigación colaborativa en Europa e con outros países socios nestas áreas nas que Galicia está ben posicionada mediante o impulso de proxectos trasnacionais e o acceso dos axentes do sistema de I+D+i galegos a proxectos europeos. Estes programas están centrados nos ámbitos da saúde; a alimentación, agricultura, pesca e biotecnoloxía; as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC); as nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción; a enerxía; o medio ambiente; o transporte; a seguridade; as Ciencias Socioeconómicas e Humanidades; o turismo; e a construción e enxeñería civil.
n
n
Por outra banda, segundo expuxo Guerra, o novo Plan Galego busca unha perspectiva global na que todos os instrumentos revertan de xeito coordinado no conxunto do Sistema Galego de Innovación. É por isto que a maior parte do resto dos eixes estratéxicos contemplados nel implican tamén dalgún xeito á empresa, como é o caso do relativo á xestión do talento, co obxectivo de fomentar o reequilibrio na distribución do persoal investigador, que na actualidade en Galicia se concentra nun 71% no sector público e nun 29% no sector privado, mentres que a Unión Europea rexistra un 50% en cada ámbito. O conselleiro explicou que é necesario, polo tanto, incentivar a incorporación de persoal investigador á empresa e impulsar o espírito emprendedor na comunidade científica.
n
n
(Fonte: Xunta de Galicia)
n