Economía e Industria destaca en Tecnópole a oportunidade que o Conecta Pemes supón para a innovación nas empresas ourensás

O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, lembrou a pasada semana en Tecnópole que o programa Conecta Pemes, dotado con case 14 millóns de euros e cunha previsión de mobilización total de investimento que pode chegar até os 25 millóns, supón unha importante oportunidade para impulsar a innovación nas empresas ourensás, sinalando que os proxectos da provincia contarán con puntuación adicional ao amparo do Impulsa.

n
n

nVarela, que inaugurou unha xornada sobre o programa, destacou que o Conecta Pemes é a primeira liña de apoio a proxectos de innovación específica para pequenas e medianas empresas que convoca a Xunta, coa que se abre un marco de oportunidade para proxectos consorciados complementario ao programa Feder-Innterconecta, xa que permite unha maior accesibilidade para empresas de tamaño reducido.
n
nVarela destacou tamén que as pemes son prioridade absoluta na estratexia de apoio á innovación empresarial da Consellería de Economía e Industria e animou as compañías ourensás a acompañar este esforzo no seu propio beneficio. Neste sentido, engadiu que os apoios do seu departamento chegan a toda a cadea de valor da innovación coa intención de incentivar procesos nos que as empresas, e moi especialmente as pemes, teñen que ser as protagonistas, tomando as rendas do seu futuro coa Administración como elemento de impulso e apoio.
n
nTal e como expuxo o director da GAIN, estas axudas están deseñadas para incentivar a innovación aberta e facilitar así a mellora competitiva das pemes, mediante o apoio a proxectos en colaboración entre un mínimo de tres e un máximo de seis empresas e a participación de polo menos un centro tecnolóxico ou de investigación. A contratación destes centros debe representar un mínimo do 15% do orzamento total do proxecto, o que supón que este programa xestionado pola Axencia Galega de Innovación reserva máis de 4 millóns de euros da súa dotación ao financiamento de I+D+i e transferencia de coñecemento aplicado desde estes organismos.
n
nOs proxectos terán que contar cun orzamento de entre 600.000 euros e 1,5 millóns e poderán abordar calquera ámbito temático, pero consideraranse especialmente os que actúen sobre áreas estratéxicas nas que Galicia posúe contrastada potencialidade para o desenvolvemento de proxectos de alto impacto. Entre eles atópanse, como destacou o director da GAIN, varios sectores intimamente ligados ao desenvolvemento empresarial ourensán, como a alimentación, a agricultura e o téxtil.
n
nO programa ten por obxectivo apoiar proxectos que supoñan unha innovación disruptiva ou radical e que xustifiquen un alto impacto económico, polo que se valorará a novidade das tecnoloxías xeradas, pero ademais, e moi especialmente, a súa capacidade para xerar rendibilidade no mercado e, en consecuencia, contribuír ao crecemento económico de Galicia. No caso de proxectos de investigación industrial, as pequenas empresas poderán beneficiarse de subvencións de até o 60% e as medianas de até o 50%, mentres que no caso das iniciativas de desenvolvemento experimental as porcentaxes ascenden até o 80% para as pequenas e o 75% nas medianas.
n
nBonos de innovación
n
nVarela destacou tamén a posta en marcha doutra nova liña de de impulso á innovación empresarial dirixida a facilitarlles ás pemes o acceso a financiamento procedente de programas nacionais e europeos. Segundo explicou, os bonos de innovación, cunha dotación de 1,5 millóns de euros para o período 2013-2015, están deseñados como unha medida incentivadora que suporá a homologación de axentes intermedios e financiará a súa contratación por parte das empresas para preparar proxectos de I+D+i capaces de captar financiamento de convocatorias do Goberno central e da UE.
n
nO obxectivo desta liña de actuación é premiar aos axentes do Sistema Galego de Innovación capaces de atraer financiamento competitivo para I+D+i procedente de fondos nacionais e europeos, o que implicará a obtención de retornos que multiplicarán o investimento da Xunta nos bonos.
n
nA xornada celebrada en Tecnópole tamén contou coa intervención de representantes do Igape, que informaron os empresarios participantes dos distintos programas postos en marcha polo Instituto para impulsar a competitividade das pemes, como o Reacciona, que ofrece ás pemes diagnósticos e servizos avanzados.
n
n(Fonte: Xunta)

n