Economía e Industria convoca as axudas a empresas para a protección das súas invencións

A Consellería de Economía e Industria acaba de convocar as axudas para o fomento da propiedade industrial correspondentes a 2013 a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). As subvencións destinaranse a atender os gastos empresariais derivados da tramitación de solicitudes de títulos para a protección de invencións (innovacións técnicas), tales como patentes e modelos de utilidade, e da súa renovación ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais.

n
n

nAs axudas poderán solicitarse ata o 15 de novembro salvo que se esgote antes o crédito dispoñible, que ascende a un total de 250.000 euros.
n
nO obxectivo destas subvencións é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia impulsando a protección das innovacións técnicas ou invencións, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos seus resultados e, deste modo, contribuír á mellora da competitividade das empresas galegas.
n
nMediante esta liña de axudas as empresas poderán obter financiamento para tramitar as solicitudes de títulos de propiedade industrial sobre invencións, coa posibilidade de imputar todos os gastos derivados dos trámites necesarios para a solicitude, dende as taxas ante as oficinas de propiedade industrial para rexistros novos ata a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes. Tamén se financiará o mantemento dos títulos, incluíndo todos os trámites correspondentes á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade.
n
nA suma das subvencións percibidas por un mesmo beneficiario, resultado de presentar unha ou varias solicitudes ao amparo desta convocatoria, non poderá superar os 30.000 euros. As axudas cubrirán o 70% dos custos subvencionables.
n
n(Fonte: Xunta)

n