¿É posible facer máis intelixente o teu vello coche?

Voyo é un gadget cun custo inicial de 100 euros que permite a case calquera coche que poida circular polas nosas rúas engadir funcións que moitos fabricantes aínda non pasaron dos prototipos aos coches de rúa.

O sector do automóbil móvese cara á intelixencia dos coches, cara á inclusión de novas funcións directamente relacionadas coa tecnoloxía aplicada á usabilidade que faga dalgunhas accións algo máis cómodas. Pero isto non pode ser algo exclusivo dos novos vehículos, existe un xeito de facer intelixente o teu coche mesmo se é moi vello.

Como os sistemas máis económicos, Voyo permite ler a información que sae da central e interpretala en termos de condución eficiente para ofrecer recomendacións ao condutor. Para as frotas de coches incorpora un contador de quilometraxe, emisións producidas e alertas ante algún tipo de avaría. Ata aquí sen moita novidade.

Unha das características máis interesantes é Voyo relai, que permite ao teu coche ter un sistema de arranque e parada do motor e un inmobilizador que restrinxe o arranque do motor. Ambas as dúas opcións requiren da instalación de Voyo relai na caixa de fusibles do coche para que ao pisar o freo ao ralentí se pare o motor e arranque ao premer o acelerador.

Se ademais o usuario aboa a subscrición anual pode obter dúas opcións que son sorprendentes: apertura ou peche do coche cando o smartphone estea cerca do coche ou cando se afaste e sistema de arranque e parada do motor avanzados ao ler información sobre os tempos medios de espera en cada intersección, así o coche pode estar máis tempo co motor parado polo que reduce o seu consumo e emisións.

(Fonte: Hipertextual)