Dúas empresas españolas entre a aristocracia de Silicon Valley

Dúas startups españolas -Genial.ly e Aomm.tv- aterraron en Silicon Vallery, San Francisco, os pasados 4, 5 e 6 de maio tras ser elixidas para participar no Founder X. Na súa primeira edición, este evento aséntase como a maior reunión de emprendedores tecnolóxicos e para iso convocou os CEOs das startups aceleradas polo Founder Institute máis prometedoras do panorama internacional.

Tres día de reunións, conferencias, sesións de networking e presentacións a investidores nos que Founder X deu a máxima visibilidade ás empresas participantes, a axudalos a perfeccionar o seu produto ou servizo e a facilitarlles conexións con membros do Founder Institute, asentados tanto en Silicon Valley coma en calquera lugar do mundo. “Aquí danse cita os que transformarán o mundo nos próximos anos”, destacou Bartos Cañete, director do Founder Institute en Andalucía, aceleradora de empresas en fase de idea cuxo programa consiste en catro meses de adestramento experto, retroacción e apoio de CEOs con experiencia.

Genial.ly, con sede en Córdoba, quere revolucionar o mundo da comunicación e a educación a través dunha ferramenta que pon ao alcance de todos a capacidade de xerar contidos interactivos. “Antes era impensable que calquera usuario puidese ser un programador e facelo ben, agora non só é posible senón que en cuestión de horas se pode xerar o contido desexado”, explicou Luis García, director creativo de Genial.ly.

Dende o seu lanzamento en 2015, a startup captou investimento e conta con 100.000 usuarios en máis de 150 países. “Esta é unha oportunidade única para calquera startup que se queira converter en global. Para nós é un trampolín impresionante para que algunhas das persoas máis influentes no panorama tecnolóxico internacional saiban o que estamos a facer”, valorou Juan Rubio, CEO de Genial.ly.

Asentarse en España cunha visión internacional é xunto a alcanzar os 350.000 usuarios a finais de ano o obxectivo da empresa nun “mercado difícil e demandado”, como asegura García. Pola súa banda, Aomm.tv é unha plataforma web que ofrece clases e prácticas guiadas de ioga e pilates online, de modo que calquera persoa poida practicar cando e onde queira, así como ler e compartir artigos relacionados con vida sa.

Un dos puntos destacados do evento consistiu nun roadshow onde as startups visitaron os principais investidores de Silicon Valley como Sequoia Capital, Comporta, Venrock, Shasta Ventures, Bessemer Venture Partners, Mohr Davidow, True Ventures, Founders Fund, Altos Ventures e Khosla Ventures.

(Fonte: Innovaspain)