Dúas empresas de Tecnópole figuran no libro de 20 casos de éxito en innovación editado pola Xunta

n

n

Conexiona Telecom e Formato Verde son dúas das vinte empresas galegas destacadas como casos de éxito en innovación no libro editado pola Xunta de Galicia e presentado no marco dunha xornada celebrada na Coruña.

n

n

n

 

n

n

n

Durante o encontro foi presentado o libro, titulado 'i.20. Innovación empresarial en Galicia. 20 casos de éxito' e accesible en internet a través deste enlace.

n

 

n

O director xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, recordou que "os emprendedores capaces de pensar e actuar dun modo diferente contan co apoio decidido do Goberno galego" e apuntou que a Xunta acompaña as empresas no camiño da innovación, como se plasma nas liñas de actuación consideradas no Plan de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C).

n

 

n

O i2C permitiu, entre outras iniciativas, a creación do Fondo de Capital Risco i2C, cunha dotación asignada de 20 millóns de euros, para apoiar proxectos cunha forte compoñente de I+D+i. De feito, Nanogap, a primeira empresa apoiada polo fondo, foi un dos proxectos presentes neste encontro.

n

 

n

Capilla destacou tamén a posta en marcha do Programa Interconnecta, que conta cun presuposto total de 30 millóns, co que a Xunta está a dar un impulso definitivo ao aproveitamento dos recursos do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia. O obxectivo desta iniciativa, que proximamente será obxecto dunha nova convocatoria pública de proxectos, é fomentar a investigación, o desenvolvemento e a cooperación público-privada en áreas tecnolóxicas estratéxicas para o desenvolvemento económico de Galicia.

n

 

n

Ademais, o responsable de I+D+i de Economía e Industria destacou a aposta da Xunta para potenciar a innovación como estratexia clave para o crecemento económico que motivou a Lei de Investigación e Innovación, que acaba de iniciar o seu trámite, "co fin de dar un impulso decisivo á I+D+i galega".

n

 

n

Capilla subliñou a importancia de celebrar este encontro, organizado pola Xunta, para trasladar as experiencias de éxito na innovación, destas pemes e empresas familiares, a todo o tecido empresarial e produtivo da Comunidade.

n

 

n

Co obxectivo de dar continuidade á difusión desta "cultura da innovación" vanse enviar a asociacións e clústers empresariais, plataformas tecnolóxicas, OTRIs das universidades, centros tecnolóxicos e de investigación e, sobre todo, pemes galegas de todos os sectores, 10.000 exemplares do libro i.20, que recolle todas estas experiencias.

n

 

n

A publicación mostra a traxectoria das pequenas e medianas empresas de sectores variados que van dende a alimentación ao TIC pasando pola biotecnoloxía, a nanotecnoloxía e o transporte, entre outros. Son pemes das catro provincias que percorren o abano das experiencias innovadoras, dende a perspectiva da nova spin-off que nace da valorización de resultados de investigación ata a da empresa familiar de longa traxectoria que confiou na innovación para gañar en competitividade. As súas innovacións abranguen todos os ámbitos: produtos, procesos, mercadotecnia, distribución, xestión de persoas e recursos, etc.

n

 

n

Para concluír, o director de I+D+i fixo un recoñecemento especial ás 20 empresas, de diversos sectores, que compartiron as súas traxectorias de éxito e que "comparten co Goberno da Xunta a aposta a favor da innovación empresarial galega": Bit Oceans, Blu:Sens, Castrosúa, Cenbimo, Conexiona Telecom, Conic Vascular, Cosman Muebles, Covas, Cupa, Formato Verde, Galchimia, Igalia, Innolact, Mariñar Instruments, Nanogap, Neoker, Paco&Lola, Porto Muiños, Tekplus Aerospace e Umana.

n

 

n

n

(Fonte: Consellería de Economía e Industria)

n

n

n

n

 

n