Dúas de cada tres empresas investiron en recursos dixitais nos últimos dous anos

Dúas de cada tres empresas afirman que investiu en recursos dixitais nos últimos dous anos. A porcentaxe sobe ata o 82% nas empresas de máis de 100 empregados. O sector que afirma facer maior esforzo de investimento é hostalería, cun 86% fronte ao 46% noutros como agricultura ou minería. Así se recolle no Estudo sobre o estado de dixitalización das empresas e Administracións Públicas españolas elaborado polo Observatorio Vodafone da Empresa.

O estudo, que ten como obxectivo principal coñecer a realidade dixital dos profesionais, empresas e institucións españolas, reflicte a forte concienciación da importancia da dixitalización entre as Administracións Públicas. En canto ás empresas de menor tamaño, o progreso na dixitalización presenta claroscuros: unha porcentaxe elevada destas compañías considera que o seu grao de dixitalización é intermedio ou avanzado e declaran que investiron en solucións TIC nos últimos dous anos.

Non obstante, os proxectos abórdanse a medida que xorden necesidades concretas. Esta conclusión baséase no reducido número de empresas que teñen un plan para abordar a dixitalización e polo feito de que non todas o dotaron presupostariamente, asegura o informe.

Ademais, as empresas con menos de 500 empregados están a dar unha baixa prioridade á incorporación de tecnoloxías que poden ser críticas para a súa competitividade futura, como servizos na nube ou Big Data. Os principais freos á dixitalización, segundo recolle o informe son o custo dos proxectos, a falta de persoal cualificado e o descoñecemento das tecnoloxías.

Independentemente do tamaño da compañía, o estudo desprende que a porcentaxe de empresas e profesionais españolas que cren estar nun nivel “intermedio” ou “avanzado” de dixitalización está por enriba do 79% e un 6% declara ter ambiciosos plans de dixitalización para os próximos dous anos.

O informe concluíu que as organizacións españolas non están a abordar o cambio dixital dunha forma planificada, senón que dan resposta ás necesidades concretas segundo van xurdindo.

Falta de preocupación

A dixitalización é unha preocupación para o 2% da maioría das empresas españolas. Non obstante, esta porcentaxe aumenta conforme aumenta o tamaño da empresa. Así, en entidades de máis de 100 empregados, a porcentaxe elévase ata o 12%. Este dato mantense igual independentemente do sector de actividade, aínda que nalgúns como a agricultura ou transporte a preocupación é case inexistente.

A dixitalización non é unha das variables que máis preocupa ás empresas. Ningunha delas establece a dixitalización entre as cinco principais preocupacións. É máis, por diante atópase, segundo o estudo, a fiscalidade e impostos, a rendibilidade, a situación económica, os custos laborais, a competencia, a evolución do mercado e a demanda de produtos e servizos, entre outros.

Ademais, só o 14% das pequenas empresas e profesionais afirma ter un plan para a súa dixitalización. Nas empresas máis grandes, con máis de 100 traballadores, esta cifra aumenta ata o 46%.

A maior prioridade das empresas cando se enfrontan á dixitalización pasa por o “redeseño dos procesos internos” que as axuden a ser máis eficaces na xestión e máis rendibles. O segundo tema máis importante para as empresas é, segundo o estudo, o redeseño de proxectos cara a clientes.

Investir en seguridade e conectividade

Por outro lado, as empresas españolas destinan o investimento prioritario á seguridade e á conectividade. Este dato contrástase coa baixa prioridade que dan aos servizos que definirán a competitividade futura das empresas como as análises de datos ou as ferramentas de traballo colaborativo.

Non obstante, unha alta porcentaxe de empresas non ven necesario apostar por mellorar o seu posicionamento en buscadores ou pola mercadotecnia dixital. Non obstante, esta necesidade vai aumentando canto máis grande é a empresa.

¿Por que non se dixitalizan as empresas?

O motivo principal que fai que as empresas non se dixitalicen é o elevado custo que leva consigo. Ademais, nos negocios máis pequenos detéctase como barreira o descoñecemento dunha oferta no mercado de servizos orientados a mellorar a dixitalización das empresas. Por outro lado, atopamos o caso das empresas grandes, que o achacan á ausencia de persoal cualificado no seu equipo e mesmo á resistencia ao cambio que se atopa dentro da súa propia organización.

Así, o 82% das empresas estudadas consideran que non dispoñen de especialistas para levar a cabo os cambios que require a dixitalización. Esta porcentaxe redúcese ao 69% nas empresas que teñen menos de cen traballadores e ao 42% entre as compañías de máis de cen empregados.

Debido a isto, o 70% das empresas afirma que necesitará axuda externa para levar a cabo a dixitalización da súa entidade. As empresas de telecomunicacións aparecen sempre como un dos principais provedores para ese camiño.

(Fonte: Expansión)