Drons para reparar as fochancas da estrada

A Universidade de Vigo (UVigo) lidera o proxecto internacional Infra-Rob, a partir do que busca empregar solucións robotizadas autónomas para o mantemento da integridade, rendemento e seguridade das infraestruturas viarias e, con iso, reducir a sinistralidade existente en tramos con obras, tanto de traballadores como de condutores.

O consorcio liderado polo grupo GeoTech da UVigo está conformado por un total de 18 socios -empresas, centros tecnolóxicos e consultoras- de oito países. O proxecto arrincará en setembro deste ano cunha duración de 42 meses e un orzamento de cinco millóns de euros, dos que 860.000 euros irán parar á Universidade de Vigo.

Co obxectivo de resolver os problemas co asfaltado, reparación e mellora das estradas, os investigadores deseñarán unha serie de solucións robotizadas que “permitirán minimizar e mesmo, nalgúns casos, eliminar a intervención das persoas traballadoras nos labores máis pesados e de maior risco”.

Fonte: Faro de Vigo