A tecnoloxía dos drons incorporouse ao sector de enerxías renovables, máis concretamente ao dos parques fotovoltaicos, como ferramenta indispensable para reducir os tempos de inspección e mellorar a precisión das medicións. Estas inspeccións son imprescindibles para garantir que os activos xeren a produción eléctrica esperada e alongar a súa vida útil. Neste campo a compañía española Aerocamaras é un dos referentes en Europa e Latinoamérica.
Entre as instalacións que adxudicaron a Aerocamaras a inspección aérea dos seus equipos atópase Pirapora, a maior central fotovoltaica de América Latina e unha das máis extensas do mundo. Conta con máis de 800 hectáreas e alberga máis dun millón de paneis solares. Os drons, equipados con cámaras térmicas, infravermellas e HD conseguen, dunha soa pasada, gravar ao completo o parque solar e mellorar os tempos de inspección e reacción ante calquera fallo.
Jaime Pereira, CEO de Aerocamaras, destaca: “A nosa experiencia en Brasil está a ser moi positiva, reducindo un 85% os tempos de inspección. O sector necesitaba un paso máis aló do que ofrecían os métodos tradicionais polo aumento de instalacións, e cos nosos drons estamos a dar esa solución. Podemos detectar calquera anomalía ou dano en pouco tempo”.
Aerocamaras, cuxos equipos traballan tamén en Portugal, Italia e México, emprega nos seus labores de inspección o dron híbrido AeroHyb, con até 7 horas de autonomía e centrado en servizos profesionais como loxística, inspeccións técnicas, emerxencias, seguridade, topografía, agricultura de precisión ou audiovisual.
Fuente: Fundación Consejo España-Brasil