Nos seus comezos foron os propios usuarios os que marcaron o rumbo a Twitter. Para poder seguir unha conversación sobre un tema concreto, decidiron usar o símbolo de almofada (#) porque permitían crear unha áncora, enlazar e facer clic. Pronto o adoptaron como algo oficial, así naceron os hashtags.
n
n
nEsta vez a rede do paxaro azul tomou a iniciativa. Sorprenderon coa creación dunha forma para seguir a cotización en bolsa das empresas. Os denominados cashtags consúltanse de xeito sinxelo.
n
nAbonda con poñer o símbolo do dólar, $, antes das siglas con que cotiza unha compañía, para coñecer a súa situación bolsista, gráficos compartidos en Twitter, vídeos, comentarios e noticias compartidas na rede social. Así, abonda con escribir $Goog no buscador para obter os resultados de Google. Ou $AAppl e $FB nos casos de Apple e Facebook. Aínda que funciona en todo o mundo por agora só dá información de empresas da bolsa de Nova York.
n
nEsta utilidade, inesperada, incide na obsesión de Twitter por enriquecer o seu contido. Hai escasas semanas melloraron a presentación de fotografías, vídeos e enlaces. En moitos casos, non sempre, dependendo da procedencia do contido, non fai falta abrir o enlace para cargar os enlaces, senón que aparecen incrustados debaixo do tuit. Este extra engadido aos clásicos 140 carácteres foi posible grazas á compra de Posterous, un sistema de blogs doado, rápido e directo, que permitía publicar sen necesidade de aprendizaxe e sen demora.
n
nTwitter, que segue sen intención de saír a bolsa, menos tras o batacazo do seu contrincante Facebook, carece dun modelo de negocio claro. Suponse que as contas de empresa e os contidos feitos promoción serán suficientes para ser rendible.
n
nDo que si pode presumir é de cifras. Segundo as últimas publicadas por Semiocast, empresa especializada en medición de audiencias e medios sociais, en xuño superou 500 millóns de contas, a metade que a rede social de Mark Zuckerberg. Aínda que Estados Unidos segue sendo o seu gran celeiro de tuiteiros, con 141 millóns. Ségueo Brasil con 41 millóns. Completan a lista Xapón, cuxo idioma é o segundo máis usado tras o inglés, Reino Unido, Indonesia, India, México e Canadá. España aparece en noveno lugar, con 10 millóns de contas rexistradas. Colombia, Venezuela e Arxentina tamén aparecen entre as 20 primeiras.
n
nAínda que se algo chama a atención é a lista de cidades, liderada por Jakarta, sen unha liña clara para dar coa clave do éxito. A segunda é Tokyo. Despois Londres, Sao Paulo, Nova York, Bandung, París, Os Ánxeles, Chicago, Riad, Singapura, Estambul, Osaka, Toronto, Madrid (que aparece en décimo lugar), Río de Janeiro, Seúl, Miami, Atlanta e Houston. No estudo exponse que, menos do 1% dos tuits inclúen información xeográfica. O idioma que máis crecemento rexistrou dende xaneiro deste ano é o árabe, que xa é o sexto, cun 2,8% das publicacións.
n
n(Fonte: El País)