Un equipo de investigadores da Universidade de Carolina do Norte desenvolveu un novo sistema para crear dispositivos robóticos. A súa idea céntrase no emprego dun material denominado hidroxel, feito a base de auga, que pode ser modelado e empregado para manipular obxectos por ionoimpresión.
n
n
nEstes materiais son elásticos, translucidos e biocompatibles. A técnica que emprega o avance modifica os patróns do hidroxel eléctricamente cun eléctrodo de cobre que inxecta ións cargados positivamente no material. Desta maneira vólveo máis ríxido e resistente. Así os investigadores poden apuntar con eléctrodos certas áreas específicas para endurecer o hidroxel. Como consecuencia diso, grazas á ionoimpresión altérase o comportamento do hidroxel para poder crear pezas a partir dese material e empregalas para recoller obxectos.
n
nO autor da investigación, Michael Dickey, asegura que este traballo os achega ao desenvolvemento de novas tecnoloxías robóticas que poidan ser empregadas en ambientes húmidos e acuosos.
n
nDickey aclarou que os ións de cobre non son os únicos compatibles neste proceso, xa que tamén é posible empregar calcio. Sostén que o obxectivo primordial é o desenvolvemento de microdispositivos biolóxicamente compatibles, o que é viable posto que os ións que se introducen no hidroxel poden permanecer meses estables na auga.
n
n(Fonte: media-tics)