Dezaoito inventores españois levan os seus enxeños ao Salón de Xenebra

Un chupete aromático que facilita a respiración ao bebé, un dispensador de latas para beber sen tocar a boca dos recipientes ou un planetario que axuda a explicar as estacións do ano, as fases da lúa, as eclipses e as mareas… Estes son algúns dos 18 artefactos made in Spain que acolleu a 39 edición do Salón Internacional de Inventos de Xenebra.

n

 

n

Malia a crise, a participación española foi este ano moi parecida á doutras ocasións e evidencia que o enxeño nacional, habelo haino. De feito, España é o sétimo país máis importante por representación dentro do evento, avantaxando Alemaña, Francia ou Italia, entre outros.

n

 

n

Varios dos inventos máis importantes da historia tiveron patente española. A fregona, o autoxiro, o submarino ou o chupachús son algúns deles e tamén viviron un principio ata alcanzar a fama mundial. Para os que concorreron ao certame suízo, esta pode ser a mellor plataforma de lanzamento das súas creacións.

n

 

n

Fogar, saúde, e medio ambiente foron as principais áreas que ocupa o catálogo español. Entre as aplicacións dirixidas ao ámbito doméstico, atopábase un imán para o almacenamento das ferramentas de limpeza, un rodapé oco que permite o transporte de cableado para a iluminación ou un pavimento que purifica o aire. Dentro das innovacións relacionadas coa saúde, subliñar unha pinza de recuperación de suturas. E no apartado de medio ambiente, cabe enumerar unha caldeira solar sen elementos eléctricos, un dispositivo para a reciclaxe de augas grises ou un software para a resolución de problemas de contaminación.

n

 

n

Pero tamén houbo oco para o ocio. Así por exemplo exhibíronse no Salón un arpón de pesca submarina que aumenta a potencia de disparo e un novo sistema que fai posible e máis cómodo o acceso aos spas a todo tipo de persoas.

n

 

n

As comunidades autónomas con máis chispa

n

 

n

Madrid foi a cidade de procedencia de sete das invencións nacionais no certame, segundo explicou o despacho García Cabrerizo, que representa á organización do Salón en España e que selecciona e realiza a xestión da delegación española, antes, durante e despois da celebración da exposición.

n

 

n

Andalucía e Comunidade Valenciana ocuparon o terceiro posto, con tres participantes. Cataluña é a terceira comunidade autónoma de procedencia, con dous. Mentres, Navarra, Murcia e Castela-A Mancha achegaron un representante cada unha.

n

 

n

Un certame de envergadura

n

 

n

Ata 765 expositores de 45 países participaron na 39 edición do Salón Internacional de Inventos de Xenebra, que este ano ocupou unha superficie de exposición de 8500 metros cadrados. Segundo explicou a organización, deles, un 82% pertencían ao sector empresarial, a centros de investigación ou a universidades e unicamente o 18% eran inventores independentes. Europa e Asia disputáronse o liderado da mostra, xa que o 48% dos dispositivos presentados eran de orixe europea, fronte ao 47% asiático. O 5% restante repartíano o resto de continentes.

n

 

n

(Fonte: Cinco Días)

n