O Instituto Tecnolóxico da Embalaxe, Transporte e Loxística (ITENE) fabricou unha botella de plástico de aspecto tradicional, pero sen estar composta de materiais derivado do petróleo. Só contén recursos vexetais como o millo, do que se extrae o ácido poliláctico (co que se fabrican os bioplásticos).
n
n
n
O problema que presentaban ata agora os bioplásticos era a súa falta de resistencia fronte a líquidos, que chegaban a romper a botella e se filtrar ao exterior.
n
n
Os compostos desta nova botella baséanse en nonoarxilas, é dicir, en agregados microscópicos que poden variar o comportamento dos materiais, dotándoos dunha maior resistencia. Co nanocomposto, o envase segue mantendo a capacidade para biodegradarse. Ao engadir o nanoreforzo, aumenta a súa permeabilidade aos gases e faise máis resistente a temperaturas extremas e golpes.
n
n
A principal diferenza do bioplástico reforzado creado polo Instituto español con respecto a outros, radica na utilización das nanoarxilas. Con elas, xa non é necesario o uso de novas capas ou de procesos na elaboración das botellas, o que supón, ademais, un aforro enerxético na produción.
n
n
O Instituto Tecnolóxico da Embalaxe asegura que varias multinacionais de bebidas xa se interesaron polo seu novo material para vender os seus produtos.
n
n
(Fonte: Spain Technology)
n
n
n