O deseñador deste formigón é un profesor da Universidade de Nebraska, Chris Tuan que, para levar a cabo este novo invento, engadiu labras de aceiro e partículas de carbono á mestura tradicional do formigón. Isto provoca que se produza unha enerxía eléctrica e a neve que haxa sobre este formigón, se derreta, evitando problemas nas rúas e estradas.
O deseño está aínda en fase de investigación e durante marzo de 2016 será sometido a probas por parte da Administación Federal de Aviación, que comprobará os resultados do formigón para o seu uso nun importante aeroporto de Estados Unidos. “Necesítano para a pista de arredor das áreas pechadas porque teñen tantos carros para descargar (servizo de equipaxes, servizo de alimentos, servizos de lixo, servizo de combustible) e porque todos temos que entrar nesas áreas”, explica Tuan no boletín de noticias da Universidade.
O uso nestas zonas dos aeroportos é a primeira proba que deberá pasar o formigón eléctrico de Tuan. O creador está esperanzado en posibles aplicacións do seu invento en todo tipo de ámbitos, malia que unha iarda cúbica deste tipo custa máis do dobre do que custa o formigón común.
(Fonte: EP)