Desenvolven roupa con tecido intelixente para substituír ao aire acondicionado e a calefacción

Un grupo de investigadores da Universidade de California en San Diego desenvolveron un “tecido intelixente” capaz de lograr que quen leva posta roupa fabricada con ese tecido poida gozar dunha temperatura corporal agradable.

Este tipo de tecido podería ser unha interesante solución para reducir o consumo enerxético en aire acondicionado e calefacción, algo que non só nos permitirá aforrar na nosa factura eléctrica, senón tamén á hora de protexer o medio ambiente. Os aparatos de aire acondicionado liberan gran cantidade de dióxido de carbono, e o uso destes sistemas vai crecer de forma notable nos próximos anos.

O Departamento de Enerxía dos Estados Unidos leva tempo financiando proxectos para formular solucións neste escenario, e este proxecto que leva tres anos en desenvolvemento é un dos exemplos de cara onde podería ir o mercado. O nome do desenvolvemento é ATTACH (Adaptative Textiles Technology with Active Cooling and Heating), e está centrado no seu uso en interiores para temperaturas que oscilan entre os 19 e os 26 graos centígrados.

Os tecidos utilizados nesta roupa incrementan ou decrementan o seu illamento (porosidade e grosor) segundo os cambios de temperatura, e de feito esa parte do funcionamento non necesitaría consumir enerxía, pero ademais o equipo está preparando a integración de elementos adicionais de refrixeración e quentamento a través de dispositivos termoeléctricos integrados (“impresos”) na roupa.

(Fonte: xataka)