Os robots e os ordenadores poderán conversar e discutir sobre as súas decisións cos humanos nun futuro próximo, segundo un proxecto que desenvolve a universidade escocesa de Aberdeen.
n
n
nUn grupo de investigadores do devandito centro universitario traballa nunha tecnoloxía destinada a incrementar a confianza das persoas na 'intelixencia' das máquinas, explicou o responsable do proxecto, o enxeñeiro Wamberto Vasconcelos, á axencia británica Press Association.
n
nO programa, do que se esperan os primeiros resultados dentro de tres anos, ten como obxectivo crear robots e sistemas autónomos, pezas consubstanciais á industria moderna, capaces de cuestionarse as súas decisións. Esas máquinas, que poden procesar enormes cantidades de información antes de executar unha acción, "están afeitas a desenvolver a súa tarefa sen a guía continua dos humanos", relatou Vasconcelos.
n
nNon obstante, "poden cometer erros", subliñou o investigador, que sostén ademais que esa autonomía pode xerar "desconfianza" nos humanos, que en determinadas circunstancias poden non entender por que o robot decidiu executar certa acción.
n
nO robot debe xustificar as súas decisións
n
n"O que estamos a crear é unha nova xeración de sistemas autónomos que poderán entaboar unha comunicación bidireccional coas persoas", explicou o enxeñeiro da universidade escocesa.
n
nO sistema que proxecta o grupo de Vasconcelos permitirá a comunicación coas máquinas a través de ordes escritas, e non de viva voz, como funcionan algúns dos ordenadores intelixentes que retratou en numerosas ocasións a ciencia ficción, como o coñecido HAL 9000, que se rebela contra os humanos na novela do británico Artur C. Clarke 2001: Odisea no espazo.
n
nO programa da Universidade de Aberdeen permitirá ao operador humano cuestionar ou anular as decisións que tome a máquina, que deberá pola súa parte xustificar as súas decisións. "Será posible autorizar o sistema informático para romper as regras establecidas se é necesario, por exemplo, para lograr un mellor uso dos recursos, ou por motivos de seguridade", apuntou o investigador.
n
nVasconcelos sinalou que o equipo de enxeñeiros que traballa no proxecto decidiu incorporar un psicólogo ao grupo para asegurar que as respostas das máquinas non son "ameazantes ou maleducadas".
n
n(Fonte: ABC)