Neste contexto, os envases multifuncionais diferenciaríanse doutros pola posibilidade de xestionar, dunha forma sustentable, os residuos xerados a partir destes.
Resultados
Entre os resultados do proxecto, cabería destacar a formulación de materiais mellorados e perfectamente adaptados a un uso industrial, así como o desenvolvemento de films con propiedades “barreira” fronte a gases e propiedades antimicrobianas, mantendo mellor conservados os alimentos dentro dos envases.
Así mesmo, habería que mencionar a obtención de botes fabricados con material biodegradable e compostable para a súa aplicación farmacéutica, dispoñendo estas de etiquetas IML biodegradables no exterior (para uso decorativo ou informativo), así como de material captador de osíxeno con efecto de selo no tapón, sendo, ademais, de peso moi reducido.
Tamén cabería aludir aos tarros cosméticos con estas mesmas etiquetas, que poderán colocarse tanto no exterior, coa mesma función que no caso dos botes, como no interior, exercendo un efecto antimicrobiano, e ás bandexas para preparados alimentarios con atmosfera interior libre de osíxeno, dispoñendo dun sensor integrado na etiqueta RFID para proporcionar ao usuario información sobre o estado do contido. Isto quere dicir que, se tivese entrado osíxeno no alimento, indicaríase que o envase estaría defectuoso.
En Dibbiopack participan 19 socios de 10 nacionalidades diferentes, dos cales 5 son españois e o resto de Eslovenia, Macedonia, Reino Unido, Francia, Italia, Bélxica, Alemaña, Irlanda e Grecia. Entre eles figura Sogama, cuxo papel foi avaliar as distintas posibilidades de xestión dos envases, unha vez convertidos en residuos, e o de estudar as políticas para o seu tratamento noutros países da Unión Europea, establecendo un marco de avaliación da xestión final destes.
(Fonte: Sogama)