O rápido consumo de enerxía dos 'smartphones' converteu a busca de enchufes e levar enriba un cargador na loita diaria de moitísimos usuarios. Por iso é tan boa idea esta carcasa presentada no CES das Vegas pola nova compañía Prong, xa que permite que levemos o enchufe incorporado.
n
n
nProng naceu en 2011, despois de desenvolver os seus primeiros prototipos e lanzar unha campaña de recadación de doazóns a través de 'crowdfunding', en Kickstarter. PocketPlug é o seu primeiro gran produto, un concepto rompedor que fai que o dispositivo sexa moito máis voluminoso, pero facilita a recarga para aqueles que gastan moita enerxía e se moven constantemente.
n
nPocketPlug é unha carcasa que leva na parte traseira dúas caravillas de enchufe, que se pregan cara aos lados para que non molesten durante o transporte. Cando se quere recargar o teléfono e se ten un enchufe a man, tan só hai que sacar as caravillas e deixar o móbil enchufado.
n
nA gran pega do invento é que mentres se deixa enchufado o móbil, non é posible utilizalo; non de forma sinxela, polo menos. Por ese motivo, os seus creadores incorporaron un porto microUSB, o estándar para todos os móbiles agás os de Apple. Como a carcasa só está dispoñible para iPhone, isto pode facilitar as cousas a aqueles que non leven enriba un cargador de Apple, posto que é bastante habitual atopar cables microUSB. Ademais, permite utilizar o dispositivo mentres está enchufado, grazas ao cable.
n
nPor outro lado, o PocketPlug tamén incorpora dous altofalantes máis potentes que os que leva o iPhone, redirixindo o son cara á fronte.
n
nComo moitos dispositivos presentados no CES, o dispositivo de Prong conta cunha gran pega: non se sabe se sairá de Estados Unidos. De momento só conta coas caravillas usadas neste país e aínda que a compañía está a estudar a posibilidade de lanzar modelos adaptados a outros países, non hai plans concretos ao respecto.
n
n(Fonte: Europa Press)