Deseñan un revolucionario ordenador que funciona con auga

Un equipo de investigadores desenvolveu un ordenador síncrono (cuxos sinais  se xeran de xeito sincronizado) cunha propiedade moi especial: en lugar de funcionar cos clásicos bits de información, faino con gotas de auga.

A orixe da idea xurdiu hai uns anos da mente do bioenxeñeiro da devandita Universidade, Manu Prakash, especializado no estudo da dinámica das gotas dos fluídos.

Prakash quería crear unha clase completamente nova de ordenadores capaces de executar cálculos, pero non para procesar información (os bits xa mencionados), senón que para procesar materia.

En que consiste

No ordenador “de auga” creada, polo tanto, pequenas gotas de auga son manipuladas seguindo a mesma técnica con que se manipulan os bits de información dun ordenador electrónico.

As gotas, como os bits, tamén se moven por un circuíto, que neste caso está formado por matrices de barras de ferro diminutas tapadas por un vidro. No medio de ambas as dúas capas, introduciuse unha capa de aceite. Neste conxunto, os investigadores inxectan coidadosamente gotas de auga que foron imbuídas con pequenísimas nanopartículas magnéticas.

Estas nanopartículas fan que as gotas de auga sexan sensibles aos campos magnéticos dun ‘reloxo’ que faría o papel dos reloxos computacionais que dirixen a sinalización dos ordenadores electrónicos. O reloxo consiste nunhas bovinas de metal xiratorias que, ao moverse, xeran un campo magnético.

Cada vez que este campo magnético se inverte, as gotas introducidas no circuíto van modificando o seu comportamento. En concreto, cada rotación do campo conta como un ciclo de reloxo que condiciona o comportamento das gotas.  O reloxo asegura así que todas elas se movan en perfecta sincronía e, polo tanto, que o sistema poida funcionar practicamente sen erro.

Entrementres, unha cámara vai rexistrando as interaccións entre as gotiñas individuais, o que permite observar os procesos en tempo real. A presenza ou ausencia dunha gotiña representa os 1 s e 0 s do código binario dos ordenadores electrónicos. Este computador síncrono “de auga” pode facer así todas as operacións lóxicas que faría calquera ordenador tradicional.

Por outra banda, a pesar de que os chips ou circuítos creados teñen o tamaño de medio selo de correos e as gotiñas son máis pequenas que as sementes de papoula, todo se podería reducir aínda máis. Así mesmo, cun só campo magnético poderíanse controlar millóns de gotas ao mesmo tempo. Polo tanto, este sistema podería ser excepcionalmente escalable, afirman os investigadores.

Procesar materia e información

Os científicos recoñecen que o ordenador de gotas é significativamente máis lento que un ordenador electrónico, polo que non aspiran a competir con este tipo de procesadores. En realidade, o sistema está pensado para un fin sorprendente: procesar materia ao tempo que se procesa información, afirman.

Deste modo, podería funcionar como un laboratorio de química e de bioloxía de alto rendemento. Grazas a el, en lugar de ter que xerar reaccións en tubos de ensaio, cada gota podería levar produtos químicos converténdose en si en tubo de ensaio. O ordenador ofrecería un control sen precedentes sobre as gotas, para extraer delas toda a información.

(Fonte: Innovaticias)