Silicon Valley e España xa teñen unha nova ponte. Trátase de Plug and Play Accelerator, a aceleradora de startups posta en marcha pola sede española de Plug and Play Tech Center, que busca, deste modo, impulsar as novas startups tecnolóxicas españolas.
n
n
nPlug and Play Accelerator é un programa de tres meses deseñado para somerxer as startups no ambiente de Silicon Valley. A través dunha combinación de talleres estruturados, charlas, titorías e coaching activo, os fundadores de startups materializarán as súas ideas e plans de negocio, crearán o modelo de negocio e prototipos para o seu startup e ademais presentarán a súa proposta á comunidade de investidores de capital de risco.
n
nAo ser aceptados no programa, os participantes do programa Accelerator son candidatos a recibir un investimento de entre 25.000 e 50.000 euros. Os interesados en participar nesta iniciativa -que terá lugar do 18 de xuño o 13 de setembro- teñen ata o próximo día 11 para inscribirse.
n
nEn España dende este ano
n
nPlug and Play España comezou oficialmente as súas operacións en 2012 co obxectivo de axudar no crecemento de proxectos emprendedores, aumentando o seu acceso aos recursos dinámicos de Silicon Valley e incrementando as oportunidades de alcanzar o éxito comercial.
n
nEsta iniciativa busca investir en novas empresas tecnolóxicas no país, acelerar o seu crecemento e proporcionarlles liña directa con Silicon Valley. Por outro lado, Plug and Play España tamén serve para que empresas tecnolóxicas de Silicon Valley que estean a experimentar un rápido crecemento teñan unha ponte para chegar a Europa a través de España.
n
n(Fonte: Plug and Play)