Crean unha parede e unha lanterna máxica para ver en 3D o interior do corpo humano e con aplicacións á industria

n

n

Investigadores do BarcelonaTech da Universidade Politécnica de Cataluña deseñaron unha parede virtual de alta resolución que permite ver e manipular obxectos en 3D e que está equipada cunha 'lanterna máxica' que posibilita 'penetrar' e explorar o corpo humano proxectado dende a pel ata os ósos.

n

n

n

 

n

n

n

A instalación, que funciona cun complexo software e que se basea no uso de imaxes estereoscópicas -o que obriga ao uso das preceptivas lentes- é unha ferramenta idónea para usos sanitarios e investigación médica, pero tamén en áreas como a paleontoloxía ou o deseño industrial, adiantou na súa presentación a investigadora Marta Fairén.

n

 

n

O sistema de parede virtual (EsteroWall), desenvolvido polo grupo de investigación en Modelización, Visualización, Interacción e Realidade Virtual (MOVING), consta dunha pantalla de alta resolución de 270 x 200 centímetros na que se proxectan as imaxes, dous proxectores conectados a un PC, un espello de reflexión, un sistema de proxección estereoscópica conectado ao mesmo ordenador que ofrece imaxes de alta calidade para un visionado en grupo. Para chegar ao modelo tridimensional, ao paciente hai que facelo previamente un TAC ou unha resonancia, que ofrecen datos en 2 D, a partir dos que o sistema reconstrúe aquelas partes do corpo en 3D que se necesite: pel, ósos órganos…

n

 

n

Un dos elementos pioneiros deste proxecto é que incorpora unha lanterna máxica virtual -controlada por un punteiro por un dos técnicos- que dirixíndoa á pantalla onde se están a proxectar as imaxes permite visualizar -nunha especie de raios x en movemento- o interior do obxecto proxectado, de forma interactiva o que abre a porta a unha inspección de calquera parte do corpo humano.

n

 

n

Aínda que o obxectivo inicial do equipo era ofrecer o sistema para usos docentes (inspección de modelos anatómicos, aprendizaxe de anatomía e prácticas de estudantes), as súas aplicacións no campo médico son claras xa que supón un avance para axudar ao diagnóstico, planificación de operacións cirúrxicas (como poder simular incisións e ver os seus efectos en órganos do corpo).

n

 

n

"Os médicos poden ver máis claramente como entrar nun paciente para facer unha laparoscopia ou facer unha incisión nunha cirurxía, vendo á vez a parte de fóra e a parte de dentro," afirma a investigadora.

n

 

n

Varios organismos manifestaron o seu interese pola instalación -que xa se comercializa a través da empresa SENER- entre eles o Hospital Vall d 'Hebrón. De feito, o equipo da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC) traballa para que sexa un sistema de baixo custo que poida ser incorporado a centros sanitarios públicos, cuxos profesionais viron as utilidades do EsteroWall.

n

 

n

"Pero parece que de momento manter un sistema deste tipo nun hospital público non é viable", remarca a investigadora.

n

 

n

Outros dos usos que destacaron os creadores do sistema é a Paleontoloxía, onde permite visualizar con gran detalle as pezas fósiles, como é o caso da representación que fixeron para o Museo do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont de Sabadell, escanear os restos do Pierolapithecus, coñecido como Pau.

n

 

n

No ámbito industrial, a instalación tamén pode servir para reducir custos no deseño de prototipos, xa que axusta os modelos a necesidades concretas antes da construción e no desenvolvemento de prototipos de enxeñería naval e aeronáutica.

n

 

n

"Pódese aplicar en todos aqueles ámbitos nos que se requira un prototipado virtual ou unha interacción en modelos en tres dimensións", sinalou Fairén.

n

 

n

(Fonte: EFE)

n

n

n

 

n