Crean un innovador sistema que permite “pagar coa man”

Un estudante sueco da Universidade de Lund creou un sistema de pagamento por patrón das veas da man que xa está a utilizar en 15 tendas da cidade. Os clientes deben rexistrarse para poder pagar deste xeito e xa son 1600 as persoas -e a cifra vai en aumento- que se converteron en usuarios do sistema de pagamento por patrón de veas.

Para rexistrarse, o cliente debe achegar o seu número da seguridade social, número de teléfono e escanear a súa man tres veces. Unha vez recibe a confirmación do rexistro vía SMS, xa pode utilizar acudir ás tendas determinadas e “pagar coa man”.

Este sistema non é só cómodo senón tamén completamente seguro, segundo o seu autor, un estudante de enxeñería chamado Fredrik Leifland. Tal e como recolleu Walyou, o mecanismo é máis fiable que o dos terminais citados porque “o patrón de veas de cada individuo é único, polo que non hai forma de cometer fraude con este sistema”.

Esta certeza de seguridade pode supoñer un factor diferencial doutros métodos de pagamento que utilizan mecanismos biométricos, como o sensor de pegadas dactilares do Samsung Galaxy S5 e iPhone 5 S de Apple, que permiten autenticar pagamentos en PayPal e iTunes, respectivamente.

Recentemente, unha firma de investigación de seguridade alemá, SRLabs, asegurou que se pode enganar o lector de pegadas do Galaxy S5 cunha pegada autorizada realizada nun molde de silicona. No caso do smartphone de Apple, o grupo de hackers Chaos Computer Club conseguiu burlar o lector en menos de 48 horas despois do seu lanzamento, segundo cita tamén a web Walyou.

(Fonte: Europa Press)