Este tipo de ‘papel batería’ pode almacenar enerxía de forma similar a como o fai un condensador de luz artificial e é capaz de cargarse centos de veces.
“Creamos láminas en tres dimensións”, explica Xavier Crispin, profesor de electrónica orgánica e coautor do artigo publicado na plataforma Linköping University. A base estrutural do material das láminas consiste en fibras de celulosa, substancia que constitúe a membrana celular de moitos fungos e vexetais e emprégase na fabricación de papel. “As fibras están entrelazadas, e nos espazos entre elas o líquido funciona como un electrólito”, explica Jesper Edberg, experto do equipo.
Unha lámina de 15 centímetros de diámetro e unhas poucas décimas de milímetro de espesor pode almacenar 1 faradio. As láminas, que foron fabricadas con nanocelulosa e un polímero condutor, actívanse utilizando auga a alta presión que descompón a fibra nuns 20 nanómetros de diámetro.
Ao engadirse un polímero cargado electricamente xérase unha capa magnética arredor das fibras. Os seus creadores destacan que se trata dun novo paso cara as novas tecnoloxías de almacenamento de enerxía.
(Fonte: Agencias)