n
n
Os biólogos sempre se sorprenderon polo poder das patas do geco, un lagarto que pode escalar paredes lisas sen esvararse e mesmo se pasear polos teitos con facilidade. Estas habilidades son ben coñecidas entre as persoas que viven en climas mornos, que ven como estes animaliños aparecen sobre as súas cabezas en calquera cuarto.
n
n
n
n
n
n
Agora, un equipo de científicos da Universidade de Massachusetts Amherst descubriu exactamente como o lagarto consegue semellante equilibrio e mesmo inventou, inspirado nas súas patas, un dispositivo chamado Geckskin que permite pegar e despegar doadamente un obxecto de máis de 300 quilos nunha parede lisa. O descubrimento aparece publicado na revista Advanced Materials.
n
n
Os gecos, tamén coñecidos popularmente como píntegas, son absolutamente admirables. Poden escalar paredes lisas e moitos tipos de superficies, mesmo inclinadas cara a atrás, e percorrer os teitos sen caer. Esta habilidade reside nas almofadas das plantas dos seus pés. "Sorprendentemente, as patas do geco poden pisar e levantarse con facilidade, sen que ningún residuo pegañento quede na superficie," explica o biólogo Duncan Irschick, que estudou estes animais durante 20 anos. Estas propiedades de alta reversibilidade e adherencia en seco son unha fonte de inspiración para crear materiais sintéticos que poidan pegar e despegar pesados obxectos de uso cotián, como televisores ou ordenadores, ás paredes. Tamén poderían ter distintas aplicacións médicas e industriais.
n
n
Os investigadores crearon un dispositivo, chamado Geckskin (algo así como pel de geco), duns 40 centímetros cadrados, que pode soportar unha forza máxima de máis de 300 quilos pegado a unha superficie lisa como o vidro. Máis alá da súa capacidade de adherencia impresionante, o dispositivo, segundo os seus creadores, pode ser liberado cun esforzo insignificante e reutilizar moitas veces sen perda de eficacia. Por exemplo, pódese utilizar para suxeitar unha televisión de 42 polgadas a unha parede, soltala cun suave tirón e volvela colocar noutra superficie tantas veces como sexa necesario, sen deixar residuos.
n
n
Un pé complexo
n
n
Os esforzos previos para sintetizar o tremendo poder adhesivo das patas do geco baseábanse nas calidades dos pelos microscópicos dos seus dedos do pé (chamados setae), pero os esforzos para que levar ese poder a unha maior escala non tiveron éxito, en parte debido a que non se tiña en conta a complexidade da totalidade do pé do geco. Segundo Irschick, o pé do lagarto ten varios elementos que interactuar, incluíndo tendóns, ósos e pel, que traballan xuntos para producir unha adhesión doadamente reversible.
n
n
Os investigadores da Universidade de Massachusetts Amherst cren que estes peliños non son necesarios para obter un rendemento similar ao do geco. A innovación clave do equipo foi crear un adhesivo integrado cunha almofada branda, tecida nunha estrutura ríxida, que permite ser colgada sobre unha superficie para maximizar o contacto. Ademais, como nos pés do geco, a pel tece nun 'tendón' sintético, creando un deseño que xoga un papel clave no mantemento da rixidez e a liberdade de rotación, explican os investigadores.
n
n
A almofada adhesiva utiliza materiais sinxelos e cotiáns como o polidimetilsiloxano (PDMS), que, segundo os científicos, é unha promesa para o desenvolvemento dun adhesivo seco de baixo custo, resistente e duradeiro. Os investigadores cren que o seu invento, que recibiu o apoio da Axencia de Investigación de Proxectos avanzados de Defensa (DARPA) de EE.UU., pode axudar aos seres humanos de moitas maneiras, dende colgar un televisor doadamente a fabricar botas para astronautas que lles permitan realizar as súas tarefas no espazo coa habilidade dunha lagarta.
n
n
(Fonte: ABC)
n
n
n
n