A impermebealidade de Digno Rafre permitirá ao usuario limpalo nun cano aberto ou que o aparato non se estrague se accidentalmente cae nun recipiente cheo de auga, como unha bañeira ou ao inodoro.
Ademais, a súa pantalla táctil pode ser utilizada mentres está mollada, detallou o fabricante nun comunicado, onde recomenda este teléfono intelixente para familias con nenos pequenos ou para aqueles que queiran consultar receitas mentres cociñan, entre outros labores.
O aparato conta cunha batería que permite utilizalo durante 1300 minutos sen interrupción e unha pantalla de 5 polgadas de 720 p de resolución. Incorpora unha cámara de 13 megapixeis e funcionará con Android Lollipop 5.1 Con este lanzamento o fabricante xaponés pretende “axudar” aos usuarios dos teléfonos intelixentes a manter limpos os seus móbiles, cuxas pantallas poden conter ata 600 bacterias (30 veces máis que as que hai na cunca dun inodoro), segundo un estudo recente da Universidade de Barcelona.
(Fonte: Xataka)